"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 18 de mayo de 2009

Anxos...

No seu primeiro traballo The Boss, Bruce Springsteen "Greeting from Ausbury Park, N.J." aparece este impresionante temazo. "The Angel" ,"Os Anxos". Transformado neste emocionante video nun estremecedor kadish. Todá Rabá javer Simón. Eles, os centos de miles de cativos asasinados pola industria do exterminio nazi -e que o BNG non considera merecentes dunha declaración institucional no día da Shoáh- gustarían do teu galano. Do BNG só unha palabra... miserábeis. Absolutamente miserábeis.

Unha muller protesta...


Non sabemos o nome desta muller afgana, exilada en Londres, e que deste xeito pretende denunciar a continua violación dos dereitos humanos no seu país e no mundo islámico. Esta valente -e ousada- muller, chegou ate a Embaixada afgana en Londres ataviada co burka imposto polo réxime talibán, e que obrigaba a toda muller a cubrirse de pes a cabeza. A súa orixinal protesta pretende denunciar a nova lei, non moi diferente das que estaban vixentes durante a era talibán, que entre outras cousas, permite a violación dentro do matrimonio e prohibe a saida a rúa da muller sen o permiso do seu amo e señor.








sábado, 16 de mayo de 2009

Descanse en paz, Antonio Vega...

Antonio Vega a quen hai anos xa fixeran un concerto póstumo, faleceu definitivamente en Madrid o pasado martes. Descanse en paz.

Una Décima de Segundo (1984), Antonio Vega para Nacha Pop

Un momento en una agenda,
una décima de segundo más.
Vuela, va saltando de hoja en hoja,
mil millones de instantes de que hablar.
Una ráfaga de aire frío,
un molino de viento hace girar.
Sigue, va rodando sobre su eje
describiendo una trayectoria más.
Y es que no hay nada mejor que imaginar,
la física es un placer.
Es que no hay nada mejor que formular,
escuchar y oir a la vez.
Mide el ángulo formado por ti y por mi,
es la solución a algo muy común aquí.
Ahora tú no dejes de hablar.
Somos coordenadas de un par.
Incógnita que aún falta por despejar.
Busca un libro que diga “Como”,
luego otro que se titula “Si”.
Sigue, un tercero llamado “Nada”,
es la forma del círculo sin fin.
Y es que no hay nada mejor que revolver
el tiempo con el café.
Es que no hay nada mejor que componer
sin guitarra ni papel.
Paralelas, vienen siguiéndome.
Espacio y tiempo juegan al ajedrez.
Ahora tú no dejes de hablar.

Censura en Xornal de Galicia...


Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia

Por Miguel Boó
.

Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia, paso a explicar moi brevemente o acontecido.O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo.Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques diso, a segunda de a bordo da sección de Opinión respondeu, aos meus requerimentos, co seguinte mail:

...

Estimado Miguel
Escríbolle con motivo do artigo sobre a UPG e o BNG para decirlle que tal e como o recibimos non podemos publicalo. Isto é debido a que nos nosos estándares para publicar artigos de opinión, non podemos publicar artigos que conteñan descalificacións persoais e no seu artigo se inclúen calificativos como "radical e sumiso" aplicados a persoas. Ademáis, sobre o tema da candidatura de Carlos Aymerich e a UPG, segundo as nosas informacións (é o que estamos a publicar no xornal) Aymerich non vai ligado a UPG. Con todo, gustaríanos publicar o seu artigo se lle fai as modificacións precisas.
Moitas gracias e un saúdo

...

A miña inmediata resposta foi a seguinte:

Estimada M…:

Discrepo radicalmente de que tildar a alguén de radical sexa unha descalificación persoal. Moito menos ainda reputalo de sumiso (obediente, subordinado).E, se quere atopar descualificacións personais, eu teño visto algunha publicada no Xornal.En canto ao tema da candidatura de Aymerich, si o que facemos os colaboradores é opinar, a miña opinión non é outra que a que expoño. Opinión que, por certo concorda coa de Beiras e Nogueira, sin que iso queira decir que eu teña algo que ver con eles.Dito o dito, mándolle de novo o artigo con autocensura, así terán a posibilidade de atender estes meus argumentos e publicar a versión orixinal, ou desoílos e publicar o texto castrado.

Cordialmente

Miguel Boó
...

Como tampouco así houbo reacción, mandei, nos seguintes termos, a miña renuncia a seguir escribindo:“… ao meu entender se desprende que todo o anterior foi unha montaxe e que, dende un primeiro momento houbo intención de censura. Que a estas alturas da miña vida teña que oir que sustantivar ou adxetivar a un político como radical ou sumiso é unha descualificación persoal que impide a súa publicación, paréceme grotesco, indecente e atentatorio contra a libertade de expresión. Pero por si o trato que se me dispensou (e non era a primeira vez) non foi suficientemente aldraxante, velaí que ademáis incurre en flagrante discriminación.Ainda aceptando que as palabras en cuestión foran descualificadoras -que, obviamente non o son- acontece que "os vosos estándares para publicar artigos de opinión, (que) non (vos) deixan publicar artigos que conteñan descalificacións persoais" foron literalmente pisoteados por outros colaboradores en numerosas ocasións. Como non teño tempo, somente me referirei a tres casos:

O columnista X. Pérez Igrexas deixou escrito en "Insultos desde a dereita" que Baltar é un fillo de puta e un cacique; en "Cainismo non é debate", dí que "exemplares como M. Romeu xa demostraron a súa deslealtade" (exemplar é un termo empregado despectivamente, e desleal é alguén que incumpre as leis da fidelidade, a honra e a bonomía de ben); e no artigo titulado "A covardía de Feijoo" chama neoliberal e covarde ao Feijoo.Pero iso non foi todo. Como podes comprobar, contestei dando dúas alternativas e non aceptou ningunha delas, polo que o meu artigo sigue sin aparecer. Así que nesta situación de indefensión e atropelo dos meus dereitos, anuncio que deixo de ser colaborador de Xornal de Galicia. Iso sí, non sin agradecer sinceramente que se me convidara a formar parte dese proxecto ao que desexo moitos anos de vida.
E isa foi a historia. O artigo de marras está colgado neste mesmo blog http://miguelboo.blogspot.com/2009/04/upg-cancro-do-bng.html onde seguirei publicando o que me pete e onde espero seguir contando contigo como lector. Apertas, meus amigos e amigas, e un brinde pola libertade de expresión outravolta aldraxada.

jueves, 7 de mayo de 2009

Eu tamén son un xeado...

As representacións seductoras e á vez decadentes do glamour e a beleza femenina á que xa nos ten afeitos a obra da fotógrafa Marilyn Minter parece ter chegado ao seu punto máis alto con Green Pink Caviar. Filmado con lentes macro, o traballo capta con todo tipo de detalle a mulleres mentras lamben e desfrutan de doces e demáis delicateses. O trailer de 60 segundos que sigue é un avance do que actualmente se pode atopar na carteleira de Nova York...