"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 10 de octubre de 2008

O pasodobre, nacionalismo de proximidade...


Por Lois Blanco

A asemblea organizada a máis gloria de Anxo Quintana tivo o resultado previsto, a liturxia acertada e a chirriante conversión en teoría política dos pasodobres que o vicepresidente baila co público feminino nas festas da terceira idade que financia con fondos públicos: o nacionalismo de proximidade. Aínda que nin é teoría nin é nova. A política de proximidade é unha expresión oca, que fan súa os candidatos cando se aproximan eleccións municipais ou autonómicas para convencer ao votante de que eles palpan os problemas da rúa. é un concepto que serve para todo e para nada, como esoutro que está en todas partes: tolerancia cero, xa sexa cos maltratadores, terroristas, pirómanos, furtivos ou fumadores, dependendo do alto cargo que o utilice para buscar un titular cando non ten nada que dicir nin medida que anunciar. O nacionalismo de proximidade que enarborou Quintana na súa asemblea para outorgarlle unha suposta sustancia teórica aos seus pasodobres sérvelle, ademais, para contrapor o seu liderado no BNG ao de Xosé Manuel Beiras, quen probablemente nunca substituiría na súa axenda a Wagner pola orquestra París de Noia. O baleiro de populismo xerado pola marcha de Fraga non foi ocupado nin polo seu sucesor no PP nin polo seu sucesor na Xunta, senón por Quintana. A ruralización do voto nacionalista e a altivez que emanan Touriño e Feijoo deixoulle o camiño expedito ao vicepresidente para capitalizar un xeito de facer política que el bautiza como nacionalismo de proximidade, pero que non é moi diferente do que os seus compañeiros no BNG definían como clientelar cando estaban na oposición. As eleccións municipais do 2007 foron o inicio dun proceso de ruralización do voto nacionalista en Galiza, que compensou a caída de apoios nas cidades. Para acrecentar a penetración do BNG nun electorado que, fronte ao urbano, correspóndese a un perfil máis envellecido e dependente, Quintana ten no seu poder a chave dos orzamentos dos servizos sociais, parte dos cales se transferiron a unha sociedade pública de nova creación que dirixe Lois Castrillo, accidentado ex alcalde de Vigo. Mentres o PSOE quéimase coa xestión das listas de espera do Sergas, Quintana aparécese como o político filántropo que concede axudas á dependencia, prazas en centros de día, transporte gratis a enfermos crónicos ou pupitres en galescolas. A súa habilidade para o baile, xunto á rede de asistencia social tecida nestes tres anos pola súa xente, augúranlle bos resultados electorais na Galiza rural. E, por favor, non se confunda co voto cautivo do PP que se fartaba de denunciar Beiras nos noventa. Isto é nacionalismo de proximidade.

La Voz de Galicia - 07.10.08

viernes, 3 de octubre de 2008

jueves, 2 de octubre de 2008

Viva a "santa" inquisición...


Emitido en Radio Cristiandad emisora católica fundamentalista. Unha oración pola conversión dos "pérfidos xudeus"... Para esta xentiña os xudeus mataron a cristo e punto...

miércoles, 1 de octubre de 2008

Basket, basket, basket...

A Guía Oficial ACB está xa nos kioskos desde onte mércores 1 de outubro. A revista, editada este ano da man de Basket Life, ofrecerá a información máis completa para seguir a fondo a temporada 2008-09. e chega xusto a tempo para non perderse detalle do inicio da liga, cuxa primeira xornada se disputa este fin de semana. A guía presentará aos máis de 200 xogadores e adestradores coa súa foto, datos persoais e estatísticas ano a ano, ademais de ofrecer toda a documentación e marcas de cada clube e tamén as informacións máis importantes da cada vez máis ampla historia da competición. Pero, ademais, a Guía Oficial preséntase este ano con análises detalladas dos 17 clubes a cargo de prestixiosas firmas que seguen o día a día de cada equipo, así como reportaxes aderezadas con fotos espectaculares, configurando un formato moi atractivo. En fin... quen será o subcampion?

Principio e final...


Monólogo inicial...

Monólogo final...
Para Fernando a súa película favorita. Eu non me atrevo a escoller...

Pódelle pasar a calqueira...