"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen
jueves, 24 de julio de 2008
lunes, 21 de julio de 2008
Queres morrer hoxe?...



A pesares do seu estilo publicitario, o último traballo do fotógrafo suizo David Houncheringer é daqueles que non poden deixar a ninguén indiferente, cunhas esceas tan hilarantes coma impactantes: a masacre do instituto Columbine, un aprendiz de Batman a quen non lle funciona o gancho magnético da súa corda, unha monxa que se suicida cunha revista homosexual nas mans, etc… domingo, 20 de julio de 2008
martes, 15 de julio de 2008
Margarida canta e Letizia non...
Cóntame o noso home en Dublín, que hai uns días, nunha reposición dos torneo 6 Nacións que emitiu a tv irlandesa, decatouse de que a Princesa Margarida, membro da familia Real Britanica, sempre asiste aos partidos da selección Escocesa e para a nosa sorpresa sempre canta o himno... o curioso e a letra do himno:
Oh flor de Escocia,
Cando te veremos así outra vez.
Por aqueles que loitaron e morreron
polos teus outerios e vales enfrontaronse a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Os montes estan espidos agora
e as follas do outono grosas e tranquilas,
Agora a nosa terra está perdida,
a que con tanto cariño curaronos que se enfrontaron a el.
Orgulloso exercito de Eduardo,
e envialo de volta a casa,
a persalo outra vez.
Eses dias pasaron,
e no pasado deben ficar,
mais ainda podemos erguernos
e ser unha nazón outra vez.
Imaxinades aos Borbóns, acudindo a un partido da selección galega e cantando a todo pulmón " Nazón de Breogan". Que dirían a COPE?
No minuto 1 e 4 segundos do video que nos envía O Bluesman, podese aprezar á Princesa Margarida cantando o himno de Escocia
jueves, 10 de julio de 2008
Do Celta na verde Eirín...
O meu amigo Xosé Ferrón, O´Bluesman do Home School, ven de botar ao mar o blogue da Peña celtista de Eiremiércoles, 9 de julio de 2008
Curso de verán...
Online Videos by Veoh.com
Online Videos by Veoh.com
Online Videos by Veoh.com
Online Videos by Veoh.com
Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e non se atreveu a preguntar
martes, 8 de julio de 2008
As 10 leis sexuais máis absurdas de Estados Unidos...
O pasado venres celebrouse en Estados Unidos o 4 de Xullo, o seu Día da Independencia e aproveito esta efeméride para repasar algunhas curiosas leis ainda vixentes e realmente absurdas relacionadas co sexo. Aida que non o creades mentras en Virxinia é ilegal facer o amor coa luz prendida en Washington DC está prohibido facelo a catro patas. E este tipo de leis non son tan moralistas coma poderíamos supor. Por exemplo en Washington é legal a zoofilia pero sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos. Outras leis como a prohibición de disparar un arma durante o orgasmo rozan a ridículo pero poden ser comprensibles. E, por qué sucede isto? O sistema xurídico en Estados Unidos deriva do sistema da Inglaterra medieval e basease máis na xurisprudencia que nas leis. Para que nos entendamos, máis ou menos significa que a sentenza xudicial ditada por un tribunal, convértese en lei até que o caso volva a revisarse.
Pero, con leis como estas... ¿Cantos de nós seríamos culpábeis e de cales? Agardo a vosa morbosa e sincera confesión...
01. O sexo oral é ilegal en 18 estados.
02. En Virxinia é ilegal facer o amor coas luces acendidas.
03. En Willowdale, Oregón, é ilegal que os maridos pronuncien guarrerías durante o coito.
04. En Georgia é ilegal o sexo entre personas solteiras.
02. En Virxinia é ilegal facer o amor coas luces acendidas.
03. En Willowdale, Oregón, é ilegal que os maridos pronuncien guarrerías durante o coito.
04. En Georgia é ilegal o sexo entre personas solteiras.
05. A única posición do acto sexual permitida en Washington, DC é a do misioneiro.
06. En Connorsville, Wisconsin, é ilegal disparar un arma mentras a túa parella ten un orgasmo.
07. É ilegal practicar sexo cos camioneiros na caseta de peaxes.
08. En Florida está prohibido ter relacións sexuais con porcoespiños.
09. En Utah é ilegal casarse co teu curmán antes dos 65 anos.
10. A zoofilia é legal pero só para os homes no estado de Washington, sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos.
06. En Connorsville, Wisconsin, é ilegal disparar un arma mentras a túa parella ten un orgasmo.
07. É ilegal practicar sexo cos camioneiros na caseta de peaxes.
08. En Florida está prohibido ter relacións sexuais con porcoespiños.
09. En Utah é ilegal casarse co teu curmán antes dos 65 anos.
10. A zoofilia é legal pero só para os homes no estado de Washington, sempre e cando o animal pese menos de 18 quilos.
Tirado de College Times.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



