"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 11 de marzo de 2008

A avestruz retórica...


Por Ferran Requejo
Catedrático de Ciencia Política na UPF e enxeñeiro superior en Técnicas Enerxéticas
LA VANGUARDIA - 11/03/08
Os gobernos pasaron por varias etapas nos temas ecolóxicos. Hai só poucos anos, moitos deles negaban que houbese problemas ecolóxicos a escala global. Posteriormente víronse impelidos a recoñecer que algo non ía ben, pero adoptaban a táctica da avestruz, derivando a atención pública para calquera outra beira. Na actualidade iso xa non é posible. A avestruz ergueuse e mira a realidade. O que pasa é que fala moito, pero actúa pouco. E é que os temas ecolóxicos son moito máis propicios á retórica que á toma de decisións de calado. Cabe sinalar catro aspectos que poden axudar a pasar das declaracións á acción:
1. as principais dimensións implicadas no tema ecolóxico
2. as variables e índices de medida destas dimensións
3. certos equívocos do aparente discurso verde dalgunhas empresas e organizacións
4. os posibles camiños de solución.

1. As dimensións.
Ultimamente tendese a asimilar os problemas medioambientais co “quecemento global” do planeta (aumento do efecto invernadoiro relacionado coas emisións humanas). Sen embargo, sendo esta unha das súas dimensións principais, non é a única (e quizais non a máis grave). Ao seu lado cabe incluír a deforestación, erosión e desertización do chan; a extinción de especies animais e vexetais a gran escala (perda de biodiversidade); a crecente escaseza de auga doce; o aumento da demanda de enerxía e de consumo asociados ao mundo occidental e aos países en vías de desenvolvemento, así como ao aumento previsible da poboación global do planeta (de 6.600 millóns a uns 9.000 millóns previstos a mediados do século XXI). Estas dimensións do tema ecolóxico están moitas veces interrelacionadas, pero deben distinguirse para entenderlas mellor e poder expoñer máis eficazmente o modo de combatelas.

2. As variables e os índices de medida.
A saúde medioambiental dun país non se mide simplemente polo grao das súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Necesítanse índices que midan as principais variables que interveñen no tema. Un índice que integra ate 21 indicadores distintos é o índice ISA (índice de sostenibilidade ambiental) establecido por investigadores de Yale e Columbia no 2005. Permite establecer un ránking máis informativo de países, rexións, etcétera, que cando só se miden aspectos parciais (os países mellor situados ese ano foron os nórdicos e Uruguay; os peores, algunhas ex repúblicas soviéticas, Iraq, Taiwán e Corea do Norte. España ocupa o lugar 76 entre 146 países, por detrás de 17 países africanos e 21 europeus!).

3. Equívocos ecolóxicos.
Ás veces detéctanse argumentos equívocos, case demagóxicos, na busca de posicións de novos produtos no mercado. É o caso, por exemplo, dos coches verdes ou de certos biocombustibles pretendidamente menos contaminantes. A pesar de que estes produtos contaminan efectivamente menos que os tradicionais, o proceso enerxético e medioambiental debe ser analizado no seu conxunto, e non só a partir do produto final. É dicir, deben terse en conta a enerxía empregada e os custos ecolóxicos de fabricar os novos coches ou de producir biocombustibles. Trátase de procesos que ademais de enerxía necesitan grandes cantidades de auga, de materiais e xeran residuos. O balance final é a veces contraproducente. Especialmente cando o mercado incentiva o consumo de produtos tras períodos curtos de uso dos anteriores.

4. Tres vías de solución.
En xeral, adoitan mencionarse tres erres ecolóxicas como vías de solución: reducir, reempregar e reciclar. O obxectivo xeral é chegar a unha sostenibilidade enerxética compatible coa competitividade. Non é fácil, pero resulta imprescindible apostar xa que logo. Nas dúas primeiras vías, os actores que poden propiciar un troco son, principalmente, os gobernos e as empresas. O obxectivo de reducir é acadar un balance enerxético moito máis satisfactorio: que se utilice moita menos enerxía e menos materiais na fabricación de produtos, e que se xeren moitos menos residuos nos procesos de produción. Pola súa banda, reempregar significa fabricar e utilizar produtos cunha maior vida media. Todo iso é hoxe tecnicamente posible. Comprar menos produtos e dunha maior calidade é unha vía de futuro. Finalmente, a reciclaxe é onde máis podemos influír os cidadáns. E ten o seu mellor sentido no caso de materiais non renovables (derivados do petróleo como plásticos, fertilizantes, pinturas, etcétera). Pero reciclar non é a vía de maior impacto medioambiental, xa que a tarefa de separar, recuperar e transformar os materiais usados noutros novos implica un consumo de enerxía relativamente alto. Pero non facelo é peor, especialmente pola maior xeración de residuos cando non se fai (ademais da importancia de introducir progresivamente unha maior “cultura ecolóxica” na cidadanía).As próximas décadas son decisivas. Segundo como se resolvan (ou non) as principais dimensións ecolóxicas dependerá a calidade de vida das próximas xeracións. Hai países que xa están a facer os deberes. Outros, como EE. UU., Australia e España, seguen coa táctica da avestruz ou agochándose tras mera retórica. Ser un goberno progresista hoxe ten que ver con implementar, entre outras, medidas ecolóxicas prácticas que non sexan un mero adorno.

Resaca postelectoral...


Porque realmente teño moito que gañar se che perdo: adeus!"...


Un libriño curioso, moi do noso tempo.
"Deixar a unha persoa cunha simple nota é de covardes" A escritora francesa Cécile Slanka publicou un libro que recolle breves cartas de despedida Unha entrevista de Albert Doménech
"Porque realmente teño moito que gañar se che perdo: ¡adeus!". "Es o décimo sexto mozo ao que deixo, pero o primeiro do que non me arrepentirei xamais". Se vostede recibe unha nota con algún destes dous textos é probable que sexa escrita por alguén que lera recentemente o libro "Como dicirle adios" (El Aleph), proposta da escritora francesa Cécile Slanka. En forma de breves cartas de despedida, escritas cun estilo satírico e irreverente, Slanka ofrece un amplo abanico de xeitos de cortar coa parella, que cuestionan a imaxe, ás veces idealizada, da vida a dúas. O libro tamén foi editado en catalán por Proa.

-Vostede escribiu un libro que recolle modelos de cartas para dicirlle adeus á parella e publicouno no contexto de San Valentín. Odia esta festa ou é que lle vai a marcha?

-(Ri). ¡Sei que é brutal! Pero ben, teño que dicirche que sacamos este libro en Francia hai un tempo e tamén no contexto da festa de San Valentín de alí. Cando estabamos preparando a saída, na reunión de preparación do libro, dixen de broma de sacalo para San Valentín. Corresponde ao tema e ao ton do libro. Ao final, o meu editor chamoume e díxome que nos esperariamos a esa festa, aínda que tivese que pasar case un ano. O libro tivo moito éxito en Francia durante esta época así que decidimos seguir o exemplo en España.

-Entón é dobremente brutal?

-Creo que non, porque aquí en Catalunya tedes a sorte de ter, por unha banda, o día de San Valentín, que é moi comercial e non cultural, e logo, Sant Jordi que é un día moito máis sutil e cultural. Entón, creo que o feito de publicar un libro irónico no contexto de San Valentín é máis adecuado, porque machuca o tema formal e non toca en nada Sant Jordi, que é un día moito máis poético.

-Máis aló de expor estas cartas cun ton irónico, ata irreverente, imaxino que hai unha intención evidente de falar sobre as relacións sentimentais. Dá a sensación que vostede, máis que cartas, describe razóns para poder deixar a alguén?

-Non sei, é certo que o libro ten intención. Ao principio foi por impulso. Un tío deixoume a min, sen dar explicacións e nunca volveu. Eu tiña 31 anos e deixoume sen deixarme nin unha soa nota. Ao cabo de dous días falabamos do tema cuns amigos e de broma díxenlles que podería especializarme como escritora en facer cartas de amor e de despedidas. Volvendo a casa deille máis voltas á idea e busquei na rede a ver se se fixo un proxecto similar. ¡E non!

-O feito de que o libro naza dunha experiencia persoal implica que nel hai cartas reais súas?

-Non. O libro non está feito para buscar ningunha vinganza, é por iso que non hai ningunha carta miña, entre outras cousas porque as miñas fosen moito máis longas porque eu cando lle escribo a un noivo ou a uns amigos necesito moito espazo (sorrí). Incluír cartas miñas fose de moi mal gusto.

-Tampouco dá consellos sobre como se pode deixar a alguén?

-Non! A min dáme igual o que faga a xente, cada un fai o que pode e xa está. Pero como escritora foi como unha catarse persoal evidente e tamén é un xeito de poder xogar coas palabras. Son cen cartas que están expostas como unha historia de amor vista desde a última fiestra. En tema de inspiración e ficción encantoume facelas, gocei moito escribindo este libro.

-Hai un tema recorrente en moitas destas cartas que é das razóns á hora de deixar a alguén. Por exemplo a sádica, que di "como se que o máis doloroso cando a un lle deixan é non entender ben as razóns, non che darei ningunha". Iso encaixa coa súa historia persoal?

-(Sorrí). Nesta carta quizais si que haxa algo da miña historia. O que pasa é que cando che deixa alguén a xente sempre pregunta o porqué. É a pregunta habitual. Ás veces non hai razóns, ou non as tes. Por iso falo tanto das razóns no libro.

-Outras veces si as hai, por exemplo cando existen segundas persoas. Tamén fala diso nas súas cartas, de forma cruel, por certo?

-Si, é certo. Pero todas teñen o fío condutor do humor.

-Demasiado humor para ser real. Todas as cartas son inventadas?

-Cartas reais ao pé da letra non hai ningunha. O que si que hai son historias reais que inspiraron algún dos escritos.

-Entón por que todas están asinadas con diferentes nomes?

-Algunhas son bromas privadas, chiscadelas a amigos meus. Pero debo dicir que todos os nomes tamén son inventados. Para facer o libro, eu escribín máis de 200 cartas e logo fixen selección. Ao escribilas puxen todos os nomes máis usuais en francés. Pero ao final xa busquei nomes non tan usuais, por exemplo, cando facía un texto máis snop que corresponda á gramática da carta.

-Sempre haberá quen crerá que moitas delas son reais?

-Ben, é o motivo da literatura, cada lector pode interpretar os escritos como queira (sorrí).

-Queda claro que as cartas son inventadas. Démosle a volta. Hai alguén que se dirixiu a vostede para dicirlle que utilizou algunha das cartas para romper coa súa parella?

-Non, e tampouco o aconsello. Deixar a unha persoa cunha simple nota é moi covarde. Deixar a unha persoa coas miñas cartas é algo moi feo.

-Non me estraña que diga iso. Mire esta. "Lola, como sempre me estás pedindo que rompa coa rutina?" Isto, no contexto do libro fai certa graza. No contexto real, é unha gran puñalada?

-(Sorrí). Si, é así. Pero ben, o libro está adaptado ao teatro, e cando podo, vou ver a obra para fixarme nas reaccións do público. O que vexo é que para eles tamén é como unha especie de catarse, a xente rise aínda máis cando a carta faille pensar na súa propia experiencia ou no que puidese facer e nunca fixo. O humor axuda a respirar un pouco ante un tema moitas veces tan doloroso. Hai que tomar distancias e saber relativizar os problemas.

-Considera que as relacións persoais son cada vez máis problemáticas na sociedade actual?

-Todo cambia, iso vese cada día, co tema de Internet por exemplo. Coas páxinas de contacto as relacións cambiaron moito, se é para ben ou para mal, non o saberemos ate dentro duns anos. O que está claro é que un tema que deixou de ser tabú e cada vez hai máis xente que fala diso.

-Tamén fixo que agora resulte máis fácil ser infiel?

-Non, iso non ten nada que ver coas novas tecnoloxías. Somos unha civilización do fast food, antes o divorcio case non existía. É certo que neste contexto a técnica axuda, pero é algo que reside na imaxe da sociedade. Non hai que culpar a Internet.

-Independentemente da rede, si é certo que cada vez vivimos historias de rupturas máis dramáticas. Antes o divorcio era algo impensable. Agora é algo moi normal?

-Si, e ás veces é bo que existan certos escrúpulos morais. Por iso eu intentei facer unhas cartas que teñen un ton brutal pero que se vas ao fondo non verás historias dramáticas.

-Deixemos o dramatismo para acabar. Cal destas cen cartas que escribiu tráelle máis bos recordos?

-Hai moitas. Se me tivese que quedar con algunha elixiría unha polémica pero que, logo de dous anos, aínda me fai rir. É a carta trash. Que di? Hubert, atoparás neste envase o que puido ser o noso fillo. Adeus.

domingo, 9 de marzo de 2008

STAR, STAR, STAR...







Ven de saír do prelo editado pola editorial Gélnat o libro "Star, la contracultura de los 70" de Juán José Fernández. Aínda lembro o significado cuase relixioxo de achegarme ao kiosko a mercar o número mensual. Sei que abuso quizais do cualificativo "de culto" mais se alguén o merece esa era sen dúbida STAR. Deixovos co que o autor, Juán José Fernández di do seu libro e do que STAR significou.

A REVISTA STAR, 28 anos despois.
Este ano cúmprese 28 anos da desaparición da revista Star, algúns de vós coñecéstela, outros oiriades falar dela e moitos non saberedes do que estou falando. Ben, pois para estes últimos, para que saiban un pouco máis do seu pasado e para comprender un pouco máis o presente, vai esta pequena introdución. A principios dos 70 España, era un deserto cultural, con algúns pequenos oasis diseminados pola península (Sevilla e Barcelona). A diferenza co resto de Europa e Estados Unidos era abismal, a información que chegaba de máis alá das nosas fronteiras era nula, deformada e censurada. O único xeito de saber o que pasaba culturalmente no mundo era viaxando. Eu fun un deses afortunados, que seguín o camiño marcado e apoiado polo meu pai. Desde moi novo viaxei a Centroamérica e Sudamérica e a varios países de Europa, o cal deume (e continua dándome) unha visión moi diferente da que existía aquí (que desgrazadamente aínda hai en diferentes grupos sociais e políticos), que era rancia, provinciana, discriminatoria e pechada a todas as novas ideas que se respiraban e se abrían paso no mundo. Nunha destas viaxes por Alemaña e Francia naceu a idea da revista Star. A revista Star nace en xuño do 74 e xunto coa revista Oz (Inglaterra) e Actuel (Francia) foron o núcleo da contracultura, que máis tarde se chamaría modernidade, en Europa, e que ultimamente, por desgraza, convertéronse case todas elas nas chamadas revistas de tendencias (moda-consumismo). Star aglutinou a unha serie de escritores, fotógrafos, xornalistas, deseñadores, ilustradores, artistas... que abriron o camiño, para o cambio cultural deste país. Star difundiu por todo o territorio español toda a contracultura que se estaba xestando aquí, así como a americana e a europea. Star foi a orixe e principio de todo o que representou a cultura alternativa ata os nosos días. Da súa influencia saíron novas revistas, a movida madrileña, festivais de cine e vídeo, música, ecoloxía, exposicións, moda...
Grazas a todos eses movementos, agora case toda a xente nova ten a posibilidade de ser de vangarda, alternativa e de gozar dunha cantidade de medios e posibilidades para desenvolver os seus proxectos. A vida da revista Star non foi moi longa, seis anos, cunha difusión moi ampla, cunha tiraxe dunha media de 25.000 exemplares, (calculamos que cada número da revista era lido por mais de 100.0000 persoas) pero súper intensa (secuestros, multas, xuízos, suspensións, ameazas), pero sempre firmes, coa filosofía de "contra todo e contra todos" o que nos deixaba total liberdade e independencia para publicar o que queriamos. Hoxe, a principios do século XXI, tan lixeiro e con tan pouco espírito crítico, en que o conformismo cultural é a norma, gustaríame que a revista Star fose un referente para a xente de agora e lles impulsase a rachar a omnipresencia forza do "consumo, logo existo". Nun principio a revista apostou por unha nova xeración de artistas que se expresaban a través dun novo xornalismo que rompía moldes co anterior (os críticos e estudiosos da historieta, non entenderon nada, metidos no seu mundo pechado e académico, ata moitísimos anos despois), pero pouco despois foi incorporando a toda unha xeración de escritores, ilustradores e fotógrafos que fixeron que a revista fose evolucionando para converterse nunha referencia imprescindíbel, un reflexo do momento que viviamos. Neste libro quixen mostrar a parte máis visual de todo o que foi Star e as súas ramificacións, a colección de libros Star Books, os álbums,... así como unha selección dos artigos máis representativos daquela época, mesturados con algúns novos dos que colaboraron en Star e doutros que foron lectores e seguidores da revista e a influencia nas súas vidas. Creo sinceramente que no visual e nos textos reflíctese perfectamente a ironía, acidez e sinceridade, que nos embargaba, acompañado do noso espírito e a nosa filosofía independente e transgresora. Juan José Fernández

sábado, 8 de marzo de 2008

As mulleres gustan ou non da pornografía...

Imos facer unha moi breve viaxe polo desanxelado mundillo da pornografía para mulleres: un seica mercado emerxente que non termina de despegar. No mundo hispano nin tan sequera existe semellante cousa, polo que case todo o material ven da cultura de fala inglesa.

Cine erótico para mulleres
Unha das pornógrafas que máis está destacando nos últimos anos é a sueca Erika Lust. directora da curtametraxe The Good Girl (2004) que gañou o Premio Ninfa a mellor curta no FICEB 2005 (Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona). O paso ano Erika Lust lanzou a película Cinco historias para ellas (5 Sensual Stories for Her), da cal podes ver unha mostra aquí.

Por outra banda, a tenda de xoguetes eróticos para mulleres GoodForHer entregou en xuño do ano pasado os Premios de Pornografía Feminista. Entre os premiados estiveron a produtora Candida Royalle, cuxo ultimo filme titúlase Afrodite Superstar e Anna Span: a primeira directora británica de cine porno para mulleres.

Actualmente, existen algunhas canles de televisión por cabo dedicados ao erotismo para o público fiminino, como Inpulse TV e Playgirl TV.
Educación sexual por e para mulleres
Hai dous nomes propios a salientar, Nina Hartley. (11/03/1959.Berkeley, California) Gaduada summa cum laude na Escola de Enfermería da San Francisco State University. Os seus comezos no mundillo da industria do entretenimento para adultos foi bailando como stripper. Posteriormente, actuou en varios filmes pornográficos. No ano 2005 comezou a famosa serie de peliculas Nina Hartley’s Guide, a cal pretende instruir ás mulleres na practica do sexo. Todos os seus DVD’s pódense atopar en Amazon.com. Acho que algúns deles están doblados ao español. Esta señora é a que aparece no vídeo sobre como poñer un condón coa boca.

Betty Dodson (24/08/1929). É a fundadora do denominado movemento feminista sexualmente positivo, o cal apoia tamén Nina Hartley, e unha das pioneiras do movemento de liberación sexual da mujer. Vendeu máis de un millón de copias do seu libro Sexo para uno: o placer do autoerotismo (Sex for One: The Joy of Selfloving), no que pretende aprender ás mulleres a masturbarse. Son moi famosas as cintas nas que aparece realizando sesións de masturbación en grupo xunto con outras mulleres. Entre os vídeos producidos pola doutora Dodson esta Viva a Vulva; Women’s Sex Organs Revealed.

Na internet
Numerosas paxinas web ofrecen pornografía ou material audiovisual erótico para mulleres, ainda que se trata fundamentalmente de sitios de pago: Sssh.com, forthegirls.com ou hotmoviesforher.com. Existe ademais un foro en lingua inglesa específicamente creado para mulleres que disfrutan do porno: smart girls’ porn club - tribe.net. Tamén temos a versión femenina da mítica revista PlayBoy: PlayGirl, repleta de galerías que mostran a sudados homes musculosos.
O experimento na Universidade de Hamburgo
Un curioso experimento levouse a cabo na Universidade de Hamburgo. Todos os mércores durante un mes, un profesor de Investigación Cinematográfica proxectou aos estudantes (homes e mulleres) películas porno para que fixeran críticas. Ao mesmo tempo, o profesor de Estatística pediulles que levaran un control da frecuencia das suas relacións sexuais, masturbacións e soños eróticos durante ese mesmo mes. Ao final descubriron que a frecuencia das prácticas sexuais realizadas polas mulleres os mércores se incrementara na mesma medida que nos homes, a pesar de que estas cualificaron a pornografía coma degradante para a figura femenina, só para homes ou pura ximnasia [1].
Estatisticas
Según Internet Filter Review, un terzo dos internautas que visitan os sitios web para adultos son mulleres, e 9′4 millóns acceden mensualmente a este tipo de paxinas. Según un estudo levado a cabo pola revista Glamour, un 87% das mulleres cunha idade comprendida entre os 25 e os 39 anos desfruta do porno como parte dos seus hábitos sexuais.
Pero non mercan.
A compañía alemá de sex-shops Beate Uhse AG, con 330 tendas distribuidas en 11 países, ven de crear unha cadea de tendas eróticas chamada Mae B, destinada principalmente ás mulleres: dildos, vibradores, xoguetes, accesorios, lencería, películas en DVD… non tivo éxito, e os tres últimos locais que inaugurou no 2007 serán probabelmente pechados axiña.
Literatura sobre o tema
Nada en español. Cóntanme que o pouco que hai editado fica case todo en inglés ou alemán. Por exemplo: McElroy, Wendy (1995): XXX. A Woman’s Right To Pornography (versión online en ingles) The Smart Girl’s Guide to Porn (en Amazon.com) - Violet Blue

miércoles, 5 de marzo de 2008

Impresionante a web que ven de presentar Adobe para promocionar os seus produtos. Todo comenza cunha carta, un As de picas. Movendo a barra de scroll de abaixo podemos ver unha animación moi lograda: Cards

sábado, 1 de marzo de 2008

Cortar as mans...


Segundo a Lei islámica ou Sharia, débenselle cortar as mans a quen entra a escondidas nun lugar privado e rouba algo (saariq). Non se aplica a quen furta aproveitando un descuido alleo (mukhtalis) ou a quen rouba con violencia en lugares públicos (ghaasib). Non obstante, en novembro de 2007, cortáronselle as mans a un carteirista en Arabia Saudí por roubarlle a carteira a outra persoa dentro da Gran Mesquita da Meca (Al Haram Sharif). En Iran, Nixeria e outros estados islámicos tamén se aplica actualmente este xeito de castigo.