"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 9 de marzo de 2008

STAR, STAR, STAR...







Ven de saír do prelo editado pola editorial Gélnat o libro "Star, la contracultura de los 70" de Juán José Fernández. Aínda lembro o significado cuase relixioxo de achegarme ao kiosko a mercar o número mensual. Sei que abuso quizais do cualificativo "de culto" mais se alguén o merece esa era sen dúbida STAR. Deixovos co que o autor, Juán José Fernández di do seu libro e do que STAR significou.

A REVISTA STAR, 28 anos despois.
Este ano cúmprese 28 anos da desaparición da revista Star, algúns de vós coñecéstela, outros oiriades falar dela e moitos non saberedes do que estou falando. Ben, pois para estes últimos, para que saiban un pouco máis do seu pasado e para comprender un pouco máis o presente, vai esta pequena introdución. A principios dos 70 España, era un deserto cultural, con algúns pequenos oasis diseminados pola península (Sevilla e Barcelona). A diferenza co resto de Europa e Estados Unidos era abismal, a información que chegaba de máis alá das nosas fronteiras era nula, deformada e censurada. O único xeito de saber o que pasaba culturalmente no mundo era viaxando. Eu fun un deses afortunados, que seguín o camiño marcado e apoiado polo meu pai. Desde moi novo viaxei a Centroamérica e Sudamérica e a varios países de Europa, o cal deume (e continua dándome) unha visión moi diferente da que existía aquí (que desgrazadamente aínda hai en diferentes grupos sociais e políticos), que era rancia, provinciana, discriminatoria e pechada a todas as novas ideas que se respiraban e se abrían paso no mundo. Nunha destas viaxes por Alemaña e Francia naceu a idea da revista Star. A revista Star nace en xuño do 74 e xunto coa revista Oz (Inglaterra) e Actuel (Francia) foron o núcleo da contracultura, que máis tarde se chamaría modernidade, en Europa, e que ultimamente, por desgraza, convertéronse case todas elas nas chamadas revistas de tendencias (moda-consumismo). Star aglutinou a unha serie de escritores, fotógrafos, xornalistas, deseñadores, ilustradores, artistas... que abriron o camiño, para o cambio cultural deste país. Star difundiu por todo o territorio español toda a contracultura que se estaba xestando aquí, así como a americana e a europea. Star foi a orixe e principio de todo o que representou a cultura alternativa ata os nosos días. Da súa influencia saíron novas revistas, a movida madrileña, festivais de cine e vídeo, música, ecoloxía, exposicións, moda...
Grazas a todos eses movementos, agora case toda a xente nova ten a posibilidade de ser de vangarda, alternativa e de gozar dunha cantidade de medios e posibilidades para desenvolver os seus proxectos. A vida da revista Star non foi moi longa, seis anos, cunha difusión moi ampla, cunha tiraxe dunha media de 25.000 exemplares, (calculamos que cada número da revista era lido por mais de 100.0000 persoas) pero súper intensa (secuestros, multas, xuízos, suspensións, ameazas), pero sempre firmes, coa filosofía de "contra todo e contra todos" o que nos deixaba total liberdade e independencia para publicar o que queriamos. Hoxe, a principios do século XXI, tan lixeiro e con tan pouco espírito crítico, en que o conformismo cultural é a norma, gustaríame que a revista Star fose un referente para a xente de agora e lles impulsase a rachar a omnipresencia forza do "consumo, logo existo". Nun principio a revista apostou por unha nova xeración de artistas que se expresaban a través dun novo xornalismo que rompía moldes co anterior (os críticos e estudiosos da historieta, non entenderon nada, metidos no seu mundo pechado e académico, ata moitísimos anos despois), pero pouco despois foi incorporando a toda unha xeración de escritores, ilustradores e fotógrafos que fixeron que a revista fose evolucionando para converterse nunha referencia imprescindíbel, un reflexo do momento que viviamos. Neste libro quixen mostrar a parte máis visual de todo o que foi Star e as súas ramificacións, a colección de libros Star Books, os álbums,... así como unha selección dos artigos máis representativos daquela época, mesturados con algúns novos dos que colaboraron en Star e doutros que foron lectores e seguidores da revista e a influencia nas súas vidas. Creo sinceramente que no visual e nos textos reflíctese perfectamente a ironía, acidez e sinceridade, que nos embargaba, acompañado do noso espírito e a nosa filosofía independente e transgresora. Juan José Fernández

sábado, 8 de marzo de 2008

As mulleres gustan ou non da pornografía...

Imos facer unha moi breve viaxe polo desanxelado mundillo da pornografía para mulleres: un seica mercado emerxente que non termina de despegar. No mundo hispano nin tan sequera existe semellante cousa, polo que case todo o material ven da cultura de fala inglesa.

Cine erótico para mulleres
Unha das pornógrafas que máis está destacando nos últimos anos é a sueca Erika Lust. directora da curtametraxe The Good Girl (2004) que gañou o Premio Ninfa a mellor curta no FICEB 2005 (Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona). O paso ano Erika Lust lanzou a película Cinco historias para ellas (5 Sensual Stories for Her), da cal podes ver unha mostra aquí.

Por outra banda, a tenda de xoguetes eróticos para mulleres GoodForHer entregou en xuño do ano pasado os Premios de Pornografía Feminista. Entre os premiados estiveron a produtora Candida Royalle, cuxo ultimo filme titúlase Afrodite Superstar e Anna Span: a primeira directora británica de cine porno para mulleres.

Actualmente, existen algunhas canles de televisión por cabo dedicados ao erotismo para o público fiminino, como Inpulse TV e Playgirl TV.
Educación sexual por e para mulleres
Hai dous nomes propios a salientar, Nina Hartley. (11/03/1959.Berkeley, California) Gaduada summa cum laude na Escola de Enfermería da San Francisco State University. Os seus comezos no mundillo da industria do entretenimento para adultos foi bailando como stripper. Posteriormente, actuou en varios filmes pornográficos. No ano 2005 comezou a famosa serie de peliculas Nina Hartley’s Guide, a cal pretende instruir ás mulleres na practica do sexo. Todos os seus DVD’s pódense atopar en Amazon.com. Acho que algúns deles están doblados ao español. Esta señora é a que aparece no vídeo sobre como poñer un condón coa boca.

Betty Dodson (24/08/1929). É a fundadora do denominado movemento feminista sexualmente positivo, o cal apoia tamén Nina Hartley, e unha das pioneiras do movemento de liberación sexual da mujer. Vendeu máis de un millón de copias do seu libro Sexo para uno: o placer do autoerotismo (Sex for One: The Joy of Selfloving), no que pretende aprender ás mulleres a masturbarse. Son moi famosas as cintas nas que aparece realizando sesións de masturbación en grupo xunto con outras mulleres. Entre os vídeos producidos pola doutora Dodson esta Viva a Vulva; Women’s Sex Organs Revealed.

Na internet
Numerosas paxinas web ofrecen pornografía ou material audiovisual erótico para mulleres, ainda que se trata fundamentalmente de sitios de pago: Sssh.com, forthegirls.com ou hotmoviesforher.com. Existe ademais un foro en lingua inglesa específicamente creado para mulleres que disfrutan do porno: smart girls’ porn club - tribe.net. Tamén temos a versión femenina da mítica revista PlayBoy: PlayGirl, repleta de galerías que mostran a sudados homes musculosos.
O experimento na Universidade de Hamburgo
Un curioso experimento levouse a cabo na Universidade de Hamburgo. Todos os mércores durante un mes, un profesor de Investigación Cinematográfica proxectou aos estudantes (homes e mulleres) películas porno para que fixeran críticas. Ao mesmo tempo, o profesor de Estatística pediulles que levaran un control da frecuencia das suas relacións sexuais, masturbacións e soños eróticos durante ese mesmo mes. Ao final descubriron que a frecuencia das prácticas sexuais realizadas polas mulleres os mércores se incrementara na mesma medida que nos homes, a pesar de que estas cualificaron a pornografía coma degradante para a figura femenina, só para homes ou pura ximnasia [1].
Estatisticas
Según Internet Filter Review, un terzo dos internautas que visitan os sitios web para adultos son mulleres, e 9′4 millóns acceden mensualmente a este tipo de paxinas. Según un estudo levado a cabo pola revista Glamour, un 87% das mulleres cunha idade comprendida entre os 25 e os 39 anos desfruta do porno como parte dos seus hábitos sexuais.
Pero non mercan.
A compañía alemá de sex-shops Beate Uhse AG, con 330 tendas distribuidas en 11 países, ven de crear unha cadea de tendas eróticas chamada Mae B, destinada principalmente ás mulleres: dildos, vibradores, xoguetes, accesorios, lencería, películas en DVD… non tivo éxito, e os tres últimos locais que inaugurou no 2007 serán probabelmente pechados axiña.
Literatura sobre o tema
Nada en español. Cóntanme que o pouco que hai editado fica case todo en inglés ou alemán. Por exemplo: McElroy, Wendy (1995): XXX. A Woman’s Right To Pornography (versión online en ingles) The Smart Girl’s Guide to Porn (en Amazon.com) - Violet Blue

miércoles, 5 de marzo de 2008

Impresionante a web que ven de presentar Adobe para promocionar os seus produtos. Todo comenza cunha carta, un As de picas. Movendo a barra de scroll de abaixo podemos ver unha animación moi lograda: Cards

sábado, 1 de marzo de 2008

Cortar as mans...


Segundo a Lei islámica ou Sharia, débenselle cortar as mans a quen entra a escondidas nun lugar privado e rouba algo (saariq). Non se aplica a quen furta aproveitando un descuido alleo (mukhtalis) ou a quen rouba con violencia en lugares públicos (ghaasib). Non obstante, en novembro de 2007, cortáronselle as mans a un carteirista en Arabia Saudí por roubarlle a carteira a outra persoa dentro da Gran Mesquita da Meca (Al Haram Sharif). En Iran, Nixeria e outros estados islámicos tamén se aplica actualmente este xeito de castigo.

lunes, 18 de febrero de 2008

Pinchazos...



Por Paul Auster

Fragmento de “Caderno vermello”. ( De Experimentos coa verdade.)

Cando penso na amizade, sobre todo en como algunhas amizades duran e outras non, lémbrome de que só pinchei catro veces desde que teño carné de conducir, e as catro veces acompañábame a mesma persoa (en tres países distintos, e nun período de oito ou nove anos). J. era un amigo do colexio e, aínda que sempre houbo unha sombra de incomodidade e incompatibilidade nas nosas relacións, durante certo tempo fomos íntimos amigos. Unha primavera, antes de terminar a carreira, collimos a vella furgoneta do meu pai e saímos polas paraxes desertas de Quebec. As estacións sucédense con máis lentitude nesa zona do mundo, e aínda duraba o inverno. O primeiro pneumático pinchado non supuxo ningún problema (levabamos roda de reposto), pero cando, menos dunha hora despois, rebentou o segundo, quedámonos desamparados naquel territorio glacial e desolador practicamente todo o día. Entón non lle dei ningunha importancia ao incidente, só un caso de mala sorte, pero cando catro ou cinco anos despois J. foi a Francia para visitar a casa na que L. e eu traballabamos como gardas (apático e deprimido, nun estado deplorable de autocompasión, incapaz de darse conta de que abusaba da nosa hospitalidade), ocorreu exactamente o mesmo. foramos a pasar o día a Aix-en-Provence (a unhas dúas horas de camiño) e volviamos de noite por unha escura estrada comarcal, cando sufrimos outro pinchazo. Pensei que era unha simple coincidencia e esquecín o asunto. Pero entón, catro anos despois, nos meses finais do meu matrimonio con L., J. volveu visitarnos, esta vez no estado de Nova York, onde L. e eu viviamos con Daniel, case recentemente nado. Nun momento determinado, J. e eu collemos o coche para ir comprar a cea. Saquei o coche do garaxe, dei a volta no camiño de terra cheo de buracos e avancei ate a estrada para mirar á esquerda, á dereita e de novo á esquerda antes de seguir adiante. E entón, cando agardaba que pasase un coche, oín o asubío inconfundíbel do aire ao escaparse. Picouse outro pneumático, e esta vez nin sequera nos alonxáramos de casa. J. e eu botámonos a rir, desde logo, pero a verdade é que a nosa amizade nunca se recuperou daquel cuarto pneumático picado. Non digo que os pinchazos tivesen a culpa do noso distanciamento, pero, malignamente, son o emblema de como foron sempre as nosas relacións, o signo dalgunha sutil maldición. Non quero esaxerar, pero, aínda hoxe, non consigo convencerme de que esas rodas picadas non signifiquen algo. O caso é que J. e eu deixamos de vernos e non volvemos a falar desde hai dez anos.

O tolo Crumb...


En abril de 1995 estreouse “Crumb”. Documental producido por David Lynch e dirixido por Terry Zwigoff, coñecido tamén por ter dirixido “Ghost World”, un documento imprescindíbel para entender mellor a unha das figuras máis destacadas do movemento do comic underground americano: Robert Crumb. O entorno do artista desfila pola pantalla reflectindo ao auténtico Crumb en todo o seu esplendor; LSD, fetichismos varios, sexo, tolería e un sinfín de obsesións que se converten nas auténticas protagonistas do documental que podes ver subtitulado en español aquí.