"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen
martes, 16 de octubre de 2007
domingo, 14 de octubre de 2007
sábado, 13 de octubre de 2007
miércoles, 10 de octubre de 2007
viernes, 5 de octubre de 2007
jueves, 4 de octubre de 2007
O búlgaro que temía a Catalunya

Por Pilar Rahola
El Periodico de Catalunya (01.10.07)
A escena é anodina. Chofer hotel recolle hóspede para levar aeroporto Madrid. Hóspede pregunta polo tempo. Chofer pregunta procedencia. E, coñecidas as orixes, el, búlgaro, eu, catalana, o diálogo convértese nun tremendo furacán que descarga medos e prexuízos sobre o meu santo País, a miña santa lingua e a miña menos santa paciencia. Barcelona é bonita, pero os nacionalismos son malos. Queren impor o catalán. España racha pola nosa culpa. No chaparrón, consigo abrir o paraugas e balbuceo algunhas defensas, pero o meu estimado búlgaro é un guerreiro forxado nas mellores mañás da COPE, e está blindado ante a capacidade sedutora do inimigo. Non hai discusión: os cataláns son intolerantes, perigosos secesionistas e fanáticos lingüistas,
e o único bo é que Barcelona é bonita. El viría traballar, pero en Barcelona hai cataláns. Así que lle aconsello vivamente que fique en Madrid, que en Catalunya todos somos polacos e non búlgaros, e iso págase. Remata: os nacionalismos son unha secuela para España. Cando lle digo que foron nacionalistas cataláns e vascos os que se puxeron á cabeceira da loita pola democracia, lánzame unha mirada retadora, polo retrovisor: ademais de catalana, mentireira. Por suposto, os seus coñecementos da nosa historia superan aos meus. A educación bríndanos, finalmente, un abatido saúdo cando chegamos ao aeroporto. Os dous estamos deprimidos e encabuxados. No avión leo a entrevista co President Montilla: "Catalunya non está nin deprimida, nin encabuxada". Coma min, pero ao revés. Será que non coñecen ao meu búlgaro. Con todo, o President ten razón. Catalunya continúa ás súas cousas, bastante allea á diana que lle puxo a España negra, a mesma que sempre a desprezou, a mesma que sempre a usou para atizar o medo e azuzar o estómago. Pero a diana existe e está chegando ao delirio. Pensen no meu estimado chofer. Naceu en Bulgaria e non leva moito en España. Pero xa aprendeu o substancial: que os cataláns teñen cornos. Sen dúbida, a Brunete mediática é unha gran escola de integración. lunes, 1 de octubre de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)