viernes, 27 de noviembre de 2009
miércoles, 25 de noviembre de 2009
lunes, 23 de noviembre de 2009
domingo, 22 de noviembre de 2009
sábado, 21 de noviembre de 2009
lunes, 16 de noviembre de 2009
Jai, Vida...
domingo, 15 de noviembre de 2009
Igrexa Transversal dos Tremendistas do Sempiterno Día...

Lo sucedido en Mollerussa retrata las contradicciones de las autoridades educativas
Me encanta la noticia esa de que, en Mollerussa, viendo que hay chicas que van a clase con la cabeza cubierta con un velo, un grupo de alumnos decidió acudir a clase con las cabezas cubiertas con gorras, con pañuelos e incluso con cascos de motorista. Me encanta porque –aunque, como dicen el director y la directora de estudios del instituto de secundaria donde eso ocurrió, ha sido un hecho concreto y todo está ya solucionado– es un ejemplo perfecto de lo absurdo de una forma de actuar donde, una vez más, la religión (la musulmana en este caso) pasa por encima de la sensatez. Por eso lo sucedido en ese instituto es interesante: porque retrata las contradicciones, la memez y la falta de ideas claras con las que las autoridades educativas mangonean estos asuntos.
viernes, 13 de noviembre de 2009
O Mundo é impresionante...
miércoles, 11 de noviembre de 2009
Non ao traslado do IES de Celanova...

Um dos centros de ensino mais formosos da Galiza (por nom dizer o mais) está a correr sério risco de o deixar de ser. Trata-se do Mosteiro de São Salvador de Celanova, um conjunto monumental que condensa 8 séculos de história, com restos de arquitectura moçárabe do século X (únicos na sua espécie) e chegando até ao neoclassicismo e ao século XVIII.
Pode que o único privilégio dos nascidos em Celanova fosse o de poder estudar a História, a Arte, a Cultura, dentro de um pedaço vivo de história, arte e cultura. Agora que se anda a pôr tanta ênfase num ensino integrado no meio, num apredizado prático e vivo, o Concelho de Celanova pretende inutilizar esta extraordinária ferramenta educativa para instalar, no seu lugar, um hotel de super-luxo, ao tempo que o IES é desterrado para um novo centro "pré-fabricado", desperdiçando todos os investimentos feitos nestes últimos tempos para adaptar o centro às novas tecnologias, aspecto em que, apesar do seu quase milenário envoltório, era um pioneiro.
Ali, se calhar, vão estudar como matéria morta toda a história e a cultura (do seu próprio lugar e do mundo inteiro) que podiam ter compreendido muito melhor como matéria viva graças ao modelo 3D que para eles mandara construir São Rosendo no primeiro milénio, Pedem-nos desde ele, professores, alunos, pais de alunos e agentes culturais de Celanova e de Galiza inteira, que apoiemos com a nossa assinatura o seu intento de deter esta nova barbárie.
http://ensinomosteiro.blogspot.com
Mesa redonda 20 anos de literatura galega...
domingo, 8 de noviembre de 2009
Berlín 1989: de sorrisos e bágoas...

Por Afonso Vázquez-Monxardín
Estes días reviven en min lembranzas. Berlín. Fin de ano do 89. O muro.Alá fóramos en xornadas inenarrables de autobús, un grupo de estudantes da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago. Algúns andabamos de segundas voltas na casa común compostelá pero sentímonos atraídos igualmente por aquela discreta ousadía. Queriamos todos ver desde o mesmiño ollo do furacán a treboada que caía no mundo e sentir cos ollos pechados o pegañento vento da historia batendo na cara. E alí, naqueles xélidos días do inverno notamos, si, como todas as luces, todas as cámaras, todas as olladas trataban de apreixar o veloz recendo de desacougo e liberdade que voaba en cada molécula do aire que respirabamos.
Repasando as fotos que teño daquela viaxe só vexo sorrisos. De xentes do leste e xentes do oeste. De turistas con vocación de testemuñas coma nós, de casuais viaxeiros impenitentes, de xovenciños ‘vopos’ do leste que, subidos ao muro, se debatían entre as difusas ordes de tornar á xente ou botarlle man ás mozas occidentais para que agaveasen alá arriba; de loiros e rapados soldados americanos destinados en Alemaña; de kurdos morenos e discretos; de punkies multicolores do barrio de Kreuzberg; de hispanomericanos do leste -cubanos- e do oeste -músicos peruanos de metro e esquina- que tamén se encontraban. Xentes de vida normal, do norte, do sur, do leste e do oeste, petando, carcomendo coa forza da esperanza un muro durísimo que se nos aparecía atravesado por cavillas de ferro cada dous ou tres centímetros.
Batían contra o muro con pedras, con ferros, con mans de morteiro, con calquera obxecto de metal duro porque se esgotaran nas ferraxerías berlinesas as picarañas, martelos, mazas, ciceis, e calquera útil que servise para cavar ilusión. Aquela lexión de formiguiñas conseguiu si esburacar o que parecía imposible. Todo o mundo aparece feliz nas fotos, pero eu lembro sobre todo daqueles días unhas bágoas que non me atrevín a recoller. Era unha parella de berlineses do oeste -ben se lles vía polos seus anoraks e por todo- duns sesenta e cinco anos, cuns ollos azulísimos ambos, avermellandos pola emoción liberada. Vagaban sen rumo, tratando de orientarse nas lembranzas, cos dedos das mans entrelazados como noivos adolescentes e chorando a moco tendido coa felicidade de percorrer vellos e mil veces soñados camiños da mocidade.Era a cousa na noite berlinesa do día 2 de xaneiro ao pé do Museo de Pérgamo, alí, rodeados de edificios feridos aínda con bocados das balas que había máis de cincuenta anos dobregaran a cidade. As lágrimas debuxaban nas caras pentagramas de melodías dos que teñen tamén bocados no corazón. Pero eran, naquel instante, felices.
La Region - 07.11.09
jueves, 5 de noviembre de 2009
miércoles, 4 de noviembre de 2009
domingo, 1 de noviembre de 2009
A vendedora de ovos...

Eva é unha campesiña que vive na Alemaña nazi. A súa vida dá un xiro radical cando decide dar acubillo na súa granxa a un novo estudante xudeu e a unha misteriosa nena. Mentres, o seu marido é obrigado a alistarse no exército e os seus fillos hipnotizados polo movemento das Mocidades Hitlerianas. Escrito cunha tensión dramática palpable entre liñas, "A vendedora de ovos" é unha historia memorable e tenra na que Eva vai tomando conciencia do momento político que lle tocou vivir. Un libro incrible. Sinxelo e á vez contundente, Linda D. Cirino amósanos como o persoal é político. Ao irromper a axitación política na súa granxa e na súa vida, da maneira máis inesperada, Eva aprende do mundo e descóbrese a si mesma e o seu lado máis humano.
A Xénese, segundo Robert Crumb...

Despois de catro anos de documentación e traballo na súa casa de Provenza, Robert Crumb culminou a súa obra máis ambiciosa, "Xénese", unha particular adaptación do primeiro libro da Torá tinguida do espírito "underground" do seu creador pero fiel ao texto orixinal.
"Controleime", afirma Crumb no prólogo deste libro que leva a etiqueta de "só para adultos" e no que o ilustrador di renunciar a "trastear" cun excesivo exercicio de creatividade rendéndose a "a ás veces enrevesada vaguedade do texto", e tentando reproducir "todas e cada unha das palabras do texto orixinal, extraído de diversas fontes". A Creación, Adán e Eva, Caín e Abel, Noé e o diluvio ou A torre de Babel son algunhas das pasaxes que reinterpreta Crumb cos seus inconfundibles trazos en branco e negro, en máis de duascentas páxinas que outorgan unha expresión gráfica a "un texto poderoso", en palabras do debuxante, "con moitas capas de significado que profundan no noso inconsciente colectivo, o noso inconsciente histórico". Nacido en Filadelfia en 1943 pero residente na Provenza francesa desde 1991, onde vive unha sorte de exilio voluntario que dedica integramente aos seus debuxos, Crumb está considerado como o pai do cómic underground e converteuse nun dos historietistas máis influintes do século XX, por levar ao límite a linguaxe das viñetas con ironía e sen molestias. Sen esquecer o sexo, os espidos, a violencia ou o incesto, esta vez Crumb rendeuse á propia forza do texto, debuxando a un Deus sen aditivos, que aparece poderoso e cunha longa barba branca na portada da edición española, que acaba de publicar edicións La Cúpula.
Polémica servida
"Si a miña interpretación literal e visual da Xénese ofende a algúns lectores, o que parece inevitable considerando que o texto é reverenciado por moita xente, só podo dicir na miña defensa que me aproximei a el como un traballo meramente ilustrativo, sen intención de ridiculizar nada nin facer bromas visuais", precisa Crumb, consciente de que a súa obra non vai estar exenta de polémica. Aínda que Crumb dota ás mulleres da "Xénese" dun aspecto mediterráneo, esaxerando as curvas e os contornos, o debuxante adopta, fiel ao seu estilo, unha mirada máis realista e menos caricaturesca para centrarse nos feitos con atmosferas trazadas de maneira minuciosa. Crumb, que ademais de debuxante é un apaixonado da música, á que dedicou parte da súa vida, era un fervente católico ate que cumpriu dezaseis anos. Agora é un agnóstico declarado que examinou o verdadeiro contido da Biblia e a Torá a través de decenas de versións das que se serviu para desafiar a "interpretacións edulcoradas nas que se quitou o escabroso", segundo Emilio Bernárdez, coeditor de "Xéneses". Pero nesta obra, afirma Bernárdez, "imponse o respecto, porque o texto non se pode inventar, nada do que Crumb puidese inventar sería máis ridículo". "Crumb limitouse a plasmar o que hai -recalca o coeditor-, a trasladar en imaxes o que pon na Torá dos xudeus e na Biblia dos católicos para non insultar". "Xénese" saíu á venda esta semana nunha decena de países, cunha tiraxe de 5.000 exemplares en España que está dirixida a todos os que esperan un novo libro de Crumb desde fai case cinco anos e a "xente que non toque un cómic nunca e cambie de opinión grazas a isto", conclúe Bernárdez.
Por Mónica Faro da axencia EFE