



Un artigo de Llàtzer Moix publicado no xornal La Vanguardia
Bob Dylan foi detido días atrás mentres camiñaba baixo a choiva por un barrio residencial de Nova Jersey. Non tentara coarse nunha casa nin forzado a porta dun coche nin roubado o bolso dunha avoíña. Non facía falta: o xoven axente que o detivo xustificouse afirmando que Dylan "paseaba sen rumbo definido". Uns veciños alertáranlle previamente, tras ver nas súas rúas a "un vello, desaliñado e sen barbear". E como ser vello ou desaliñado aínda non constitúe delito -todo se andará, o rapaz policía buscou outro cargo para dar o alto a Dylan e inclinouse por ese suxestivo "pasear sen rumbo definido".
Algúns diarios precisaron que o rapaz policía non recoñeceu a Dylan. Este dato permítenos inferir dúas cousas. Unha: que de saber quen era Dylan non o tería importunado, posto que as celebridades son hoxe vacas sacras. E dous: que as novas xeracións adoran ás súas celebridades -Lady Gaga e outras pragas- e ignoran ás das anteriores. Nestas dúas teses hai tea para cortar. Pero prefiro desmenuzar o cargo policial: "pasear sen rumbo definido". Comecemos por "pasear". Cantos contemporáneos pasean polo mero pracer de facelo? Poucos. Son maioría os que van a un lugar, ou veñen doutro. Os que se moven cun fin. Por iso, os paseantes arríscanse actualmente a ser conceptuados como merodeadores, esa subespecie á que, por vagar, supónselle intencións aviesas. Sigamos esta análise pola voz "rumbo", que alude a camiños trazados e portos de arribada. Tan boa prensa ten este concepto que quen non segue un rumbo é tido por desorganizado ou por perdido. Os sen rumbo, sen sabelo, están no fío da legalidade. E acabemos con "definido", un adxectivo que se aplica ao fixado con claridade e precisión, ao determinado e, en certa medida, ao xa concluído. Se o substantivo "rumbo" fose un cadeado, o adxectivo "definido" sería a chave que o pecha. O definido tranquiliza. O indefinido inquieta, incita á sospeita e escapa ao control da autoridade. Tanto é así que certas minorías converteron a indefinición en cómodo refuxio e trincheira. Un sempre pensara que é nos momentos de liberdade, de relaxo, nos paseos sen rumbo definido, cando se aluman as ideas novas. Que só apartándonos do camiño trillado podemos descubrir novas sendas.
Nesas estaba, a piques de rematar este eloxio do vagabundeo, cando caeu nas miñas mans outro diario con outra información referida ao cantante: Dylan vai prestar a súa voz a un sistema GPS, e pronto poderemos escoitarlle no noso coche, recitando con ton metálico aquilo de "rotonda a 250 metros, tome a terceira saída"... Foi como espertar dun soño: o meu ídolo vagabundo convertíase de súpeto en papagaio mandón. Aínda resultará que o visionario policía de Nova Jersey non se equivocou ao deter a Dylan, senón ao soltalo.
Foi na cosmopolita Nova York de 1957, un luminoso 12 de Maio. Marilyn Monroe realizou o saque de honra do partido que conmemoraba o noveno aniversario do nacemento do Estado de Israel. A nosa inmortal Marilyn convertida ao Xudaísmo tras o seu matrimonio co escritor Arthur Miller. Tras os consellos preliminares do equipo técnico, a futbolista por un día, arreoulle sen medo un bo chute á pelota. Con todas as súas forzas!
Basta observar os seus puños apertados e as facianas de sorpresa dos seus acompañantes, e que a pesar de non ter o calzado regulamentario -ou si vai ti a saber- o balón vai directo ao imperturbábel fotógrafo, ao que nin moito menos lle temblou o pulso nin lle saíu unha foto movida, non sei ben se por enfeitizamento cara ao obxecto fotografado ou por pura profesionalidade. O certo é que nunca un saque de honra foi tan elegante...
Un 23 de Agosto de 1942 o Arcebispo da Toulouse ocupada, Monseñor Jules-Géraud Saliége edita e fai pública esta emocionada e valente pastoral. O seu decidido apoio durante a ocupación nazi á comunidade xudía fíxoo merecedor do recoñecemento no ano 1969 polo Yad Vashem como "Xusto entre as Nacións".
Hoxe 23 de Agosto de 2009, a lembranza, recoñecemento e homenaxe nos Blues...
Ler máis na web do Yad Vashem:
http://www1.yadvashem.org/es/righteous/stories_saliege.asp
***
Os meus benqueridos irmáns,
Hai unha moral cristiá e unha moral humana que recoñece dereitos e impón deberes. Estes dereitos e deberes incumben a natureza do home pero veñen de Deus. Poden ser violados pero non está ao alcance de ningún poder mortal o suprimilos. Que homes, mulleres e nenos, pais e nais, sexan tratados como un vil rabaño, que se lles separe os uns dos outros, que se lles embarque cara a un destino descoñecido...
Estaba reservado aos nosos días ver tan triste espectáculo. Por que xa non existe o dereito de asilo nas nosas igrexas? Porque fomos vencidos? Señor ten piedade de nós. A nosa Señora, reza por Francia. Na nosa propia diocese escenas de espanto se suceden nos campos de Noé e Récébédou. Os xudeus son homes, as xudías son mulleres. Todo non está permitido contra eles, contra eses homes e mulleres, contra eses pais e nais de familia. Forman parte do xénero humano. Son tan irmáns nosos como o resto. Un cristián non pode esquecelo. A Francia ben amada, a Francia na conciencia de cuxos fillos leva a tradición do respecto á persoa humana. A Francia honrada e xenerosa, non o dubido, non pode ser responsable destes horrores. (...)
Et clamor Jerusalem ascendit.
Jules Saliège, Toulouse 23/08/1942
Retomando a máis rancia tradición europea de acusar aos xudeus de sacrificar a nenos cristiáns para elaborar e amasar a matzá (pan ácimo) co seu sangue -libelo este ainda empregado na actualidade polo antisemitismo islámico- o moi civilizado (e seica de esquerdas!!) xornal sueco "Aftonbladet" publicou hai uns días unha nova na que afirmaba que soldados israelís secuestran a nenos e mozos palestinos en Gaza e Cisxordania para extraerlles os seus órganos... Podíase agardar un libelo de sangue como este dos grupos antisemitas que seguen operando en Rusia, en Ucraína ou Irán, paises onde os clérigos respectivos promoven cousas así. Pero en Suecia?...
Caros amigos... hai algo moi enfermo entre nós. Algo que ten nome, que ten un amplísimo historial de feitos e obras asasinas e que século tras século non se rende... a persistente xudeofobia de sempre agora recollida en bandeira "antisionista" por grande parte da esquerda europea... patética e desnortada esquerda que máis me doe... Ler máis
O primero dos titulares corresponde á edición impresa de El Correo.
O xornal basco saía de imprenta con ese titular ás 4 da madrugada. O segundo foi capturado ás 12:34 na páxina web do diario Público. É dicir, oito horas e 34 minutos despois. Ás 18:03 mantíñase a mesma versión.
http://www.publico.es/espana/241404/detenido/asestar/navajazos/hijas
Na información se di que:
"La agresión comenzó en el interior del hogar familiar, en la calle Ruperto Medina de este municipio colindante a Bilbao, cuando, por motivos que aún se desconocen, el hombre apuñaló a su hija mayor. Según las primeras hipótesis, la discusión tuvo su origen en el choque cultural entre las dos generaciones de esta familia de origen magrebí. Mientras las dos hermanas eran muy conocidas y apreciadas en este barrio de Portugalete, la mayor parte de los vecinos afirmaban ayer no conocer al agresor".
Un choque cultural ou un malestar na cultura, por dicilo empregando termos freudianos. Son as peculiaridades da Alianza de Civilizacións. A tarefa de matar ao pai admite variantes en algunhas familias islamistas, polo que se ve.
(Grazas Iago)
Os coidadores do Zoolóxico de Seul están intentando que un osiño desenvolva os seus instintos e aprenda a desenvolverse na vida salvaxe -terán a intención de soltalo?-. Pero como podedes ver o coitado do osiño ver é moi asustadizo, e aterrorízase ante a presenza de calquera bicho vivinte...
Stormy Mondays é unha banda de rock clásico, do de toda a vida. Na súa web podes descargar toda a súa música. Nos máis de 15 anos que levan na estrada, pasoulles de todo, desde unha actuación en Woodstock 99, ou tocar con Bruce Springsteen...
Galicia-Hoxe (04.08.09)
É terreo común distinguir dúas grandes familias de xudeus. Os askenazís -do centro e leste de Europa, que fóra do mundo xermánico falarían yidish- de Alemaña, Polonia, Rusia, Ucraína, países bálticos, etc., e os sefarditas -os da vella Sefarad que era como os hebreos lle chamaban á peninsula ibérica; estes serían de fala castelá-, haketía, no norte de Marrocos; djudezmo nos Balcáns, ladino tamén, ou galego-portuguesa -daquela aínda non había separación- como a conservada en Burdeos, París ou Amsterdam case ata o século XX.
Logo habería outros esparexidos como os felash de Etiopía -os negros do Israel de hoxe-, os xudeus iemenís de fala árabe, os iranís de fala azerí, etc. Como é ben sabido a circunstancia cambia na metade do século pasado. Primeiro Hitler e os alemáns pasivos esfumaron, e nunca mellor dito, os xudeus que puideron botar man. Uns 6 millóns. A inmensa maioría da poboación xudeu-europea. Entre ela a práctica totalidade dos sefarditas de Hungría, Viena, Serbia, Croacia, Bosnia, Grecia -Salónica e Rodas principalmente-, Bulgaria, etc.
Logo coa formación do estado de Israel moitos fixeron a súa aliá -inmigración- coa ilusión de participar na reconstrución nacional despois de 2000 anos de exilio dunha súa terra de orixe, que, claro, xa tiña novos moradores; outros, moi pouco ilusionados chegaron por pernas ao teren que fuxir de países musulmáns (Iemen, Siria, Exipto, Tunisia, Marrocos) logo da derrota árabe en 1948. En fin, que case desaparecidos os sefarditas balcánicos e integrados os do norte de Marrocos tamén por emigración en países hispanoparlantes como Venezuela, o vello sefarditismo está case extinto.
Pero hai outro. Nesta sociedade moderna onde as identidades son como as bonecas rusas, hai un inmenso colectivo en Israel, ducias de miles, de xudeus hispanoparlantes. Descendentes eles de xudeus askenazís trasladados dos portos do sur de Rusia á Arxentina e Uruguai -os gauchos xudeus- no mesmo momento -metade do XIX- en que era levados a Norte América. Son os que ocuparon ata hai pouco o barrio do Once en Bos Aires ou os que asentaron no campo de Rosario ou Santa Fe.
En fin, cando a ditadura militar moitos profesionais xudeu-arxentinos, normalmente progresistas de esquerdas, decidiron empezar de novo en Israel. E cando o corralito os que antes marcharan, chamaron polos amigos e as cadeas migratorias funcionaron de novo. Son, dalgún xeito, os novos serfarditas. Os que comen grelladas kosher en restaurantes como El Gaucho de Jerusalem e os que pola fala nos fan sentir tamén nunha das nosas casas.
O video recolle un dos momentos máis alucinantes da Naturaleza, filmado tan só a un metros do lugar onde impacta un lóstrego. Poucas veces imos poder velo tan de preto... sen saír queimados...
Impresionante Time Lapse de "Toys Prophet" onde vemos a Torre Eiffel como nunca... Un espectacular despliegue de luz, cor e... tempo relativo. Un deses intres que parecen conxelados, un deses Time Lapse que a pesar de ir a toda velocidade, parecen transcorrir lentamente, xa contaredes...
-SPEED OF LIGHT- ..... ESSAI N°5.1 from toys prophet on Vimeo.