Un anuncio de lencería feito dun xeito pouco común. A medida que transcorre o anuncio destila un aroma diferente ao que estamos afeitos a ver...
miércoles, 29 de abril de 2009
martes, 28 de abril de 2009
Ferrumbroso Young...
lunes, 27 de abril de 2009
Estatísticas, estatísticas, estatísticas...

Un número...

Marca ese número de teléfono
Antes de xogares á cábala cons cinco Números;
De certo que a chamada soará
Nese lugar ó que chamaron Auschwitz
domingo, 26 de abril de 2009
sábado, 25 de abril de 2009
A Biblioteca Dixital Mundial...

A UNESCO ven de lanzar a Biblioteca Dixital Mundial, un servizo que permite acceder gratuitamente (a través de Internet), aos fondos das grandes bibliotecas internacionais en varios idiomas. A BDM permite consultar documentos conservados nas máis prestixiosas bibliotecas do mundo, con acceso sen límite e de balde. http://www.wdl.org/es/
Unha proposta...
viernes, 24 de abril de 2009
Un bosque cheo de faias...

martes, 21 de abril de 2009
domingo, 19 de abril de 2009
P2P...
Nestes tempos nos que amenaza treboada e aos usuarios da mula, trátasenos de delincuentes, é agradable ver un sketch como o que emitiu 'Camera Café' sobre o tema das descargas P2P. Joaquin Reyes & company, con toda a ironía do mundo...
miércoles, 15 de abril de 2009
martes, 14 de abril de 2009
domingo, 12 de abril de 2009
sábado, 11 de abril de 2009
viernes, 10 de abril de 2009
Seminario na Coruña sobre a Shoáh...

Seminario en A Coruña
A herdanza de Shoah. A propósito da cuestión humana
24 abril de 2009
A mecánica utilizada pola Alemaña nazi para levar a cabo o exterminio do pobo xudeu xerou múltiples metáforas. Desde unha perspectiva histórica esa foi a ferida que marcou a memoria do noso presente e sinalou os límites do pensamento xurdido na modernidade. No terreo da evolución das artes, a máxima de Theodor Adorno de “cómo se pode realizar poesía despois de Auschwitz” non deixou de resoar na conciencia da creación. A Shoah converteuse tamén nunha especie de horizonte do pasado que non fixo máis que alterar e quebrar o noso presente. O seminario A herdanza da Shoah. A propósito de “La cuestión humana” proponse examinar de que maneira a mecánica establecida pola Alemaña nazi nos campos de exterminio afectou á relación do mundo contemporáneo a partir de tres vectores claves como son a industria, a linguaxe e as imaxes. Que revelan da mecánica existente nos campos de extermino algúns sistemas de produción industrial contemporánea? Ate que punto determinados xiros da linguaxe non fan máis que reflectir a perversión de significados da palabra establecidos nos campos? De que maneira a Shoah non fai máis que xerar un debate entre o acto de amosar e o de non amosar que afecta aos múltiples réximes de mostración da violencia da nosa sociedade contemporánea? Todas estas cuestións encontran o seu eco de resonancia na película de Nicolas Klotz, La cuestión humana (La question humaine, 2007), o terceiro opus da súa triloxía Tiempos modernos —da que forman parte Paria (2000) e La blessure (2005). A partir dos múltiples terreos explorados por esta obra complexa, o seminario intentará tecer unha ponte entre o noso presente, a memoria do infame e as súas formas de representación cinematográfica.
Dirección do seminario: Ángel Quintana (Universitat de Girona)Organiza: Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración con Alliance Française (A Coruña) e Ambassade de France en Espagne-Service Culturel (Madrid).
Programa
10:00 h. Presentación do seminario
10:15 h. As palabras e os feitos (A industria capitalista e a Shoah)Miguel Morey (Catedrático de Filosofía. Universidade de Barcelona. Premio Anagrama de Ensaio por El deseo de ser piel roja)
11:15 h. Reflexións sobre a elaboración literaria da Shoah Adán Kovacsics (Ensaísta e tradutor. Autor de Guerra y lenguaje)
12:15 h. h. Pausa
12:45 h. Formas da abxección coa Shoah como motivo: De La vida es bella a El niño del pijama de rayas. Ángel Quintana (Universitat de Girona. Cahiers du cinéma/España)
14:00 h. h. Descanso
17:00 h. A ausencia filmada Santos Zunzunegi (Catedrático de Comunicación Audiovisual. Universidade do País Vasco)
18:00 h. O ataque do presente sobre o resto dos tempos. Como presentar o horror sen representar o horror Santiago Filloll (Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Codirector de Ich Bin Enric Marco)
19:00 h. h. Pausa
19:30 h. Coloquio con: Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, director e guionista de La cuestión humana.
Proxeccións
20 de abril
20:30 h. Paria (2000) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)
21 de abril
20:30 h. La blessure (2005) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)
23 de abril
20:30 h. La cuestión humana (2007) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)
24 de abril
21:30 h. Jeunesse d’Hamlet (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007)
La consolation (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval, 2007)
Les Amants Cinéma (Héléna Klotz, 2006) Presentación: Nicolas Klotz (director) e Elisabeth Perceval (guionista)
Terá lugar no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Teléfono 881 881 271
info@cgai.org
Prezo: Gratuíto, previa inscrición
Prazo límite para a matrícula: Ate o día 22 de abril de 2009 (inclusive)
Para inscrición PICA AQUI