"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







sábado, 17 de agosto de 2013

Ruinas en Homs




Semella un decorado dixital para unha película apocalíptica made in Hollywood, pero é brutalmente real. Trátase dunha fotografía aérea da cidade siria de Homs, a terceira cidade en importancia do país e bastión ate agora dos opositores ao réxime. Despois de máis dun ano de cerco e bombardeos diarios, o exército sirio, apoiado por Hezbolláh, lanzou a súa ofensiva hai aproximadamente un mes. Segundo informou a televisión oficial siria, grande parte da cidade foi tomada polas tropas do réxime tras meses de encarnizados combates. A destrución de moitos dos barrios máis importantes da cidade é absoluta; a presenza humana (viva), inexistente.  Podes ver máis imaxes aquí:
 

miércoles, 14 de agosto de 2013

A Peneira - Agosto 2013 - nº22


Os cataláns amigos de Israel e os nosos antisionistas


Eu mesmo (esq) Jaume Renyer e Jon Iñarritu (dta) 
Por Jaume Renyer
Publicado en PER L´ESQUERRA DE LA LLIBERTAT
13 de agosto de 2013

Agora fara un século, a raíz do estoupido da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), candoa opinión pública catalá polarizouse entre xermanófilos e aliadófilos, decantándose polos primeiros a xente propensa ao autoritarismo e adicta á orde establecida en xeral. Xunto aos segundo aliñáronse os catalanistas (que mesmo recrutaron voluntarios para loitar no exército francés) e os demócratas de todas as tendencias.
Un século despois outro conflito, o enfrontamento entre árabes e xudeus, confronta antisionistas de todo o abano totalitario (tardocomunistas, neofranquistas, integristas católicos e prol-islamitas) e amigos de Israel de todo o espectro catalanista e demócrata, proxectando nesa pugna as tensións internas da sociedade catalá sob dominación española.

Hoxe, ser xermanófilo ten un significado moi diferente ao que tiña hai cen anos: despois da Segunda Guerra Mundial e do Holocausto provocado polo nazismo e os seus colaboradores, (singularmente o xenocidio perpetrado contra os xudeus europeos), Alemaña é unha sociedade solidamente fundamentada en principios democráticos e de feito é o estado europeo onde os xudeus séntense máis seguros e mellor acollidos. A chanciler Angela Merkel declarou reiteradamente que tratándose de Israel, Alemaña nunca será neutral, asumindo así a obriga moral de reparar o inmenso dano causado aos seus concidadáns xudeus baixo o rexime nazi. Esa actitude contrasta coa política da Unión Europea marcadamente decantada a favor dos países árabes e reticente cara ao proceso de negociación en curso entre Israel e a ANP, auspiciado por Estados Unidos co pleno apoio de Alemaña (como proba o feito que hoxe mesmo o ministro de Asuntos Estranxeiros alemán está en Xerusalén).

Declararse xermanófilo na Catalunya de hoxe é apostar por un modelo socioeconómico orientado á prosperidade e benestar da poboación e baseado na liberdade política e de mercado. Supón querer para o noso país unha seguridade pública eficaz inspirada na concepción policial integral alemá, a que mellor neutraliza as ameazas terroristas que os totalitarismos propician. Pero non é só isto, o nacionalismo alemán contemporáneo fundaméntase na concepción de pobo como unidade cultural, non na artificialidade conxuntural do multiculturalismo e menos aínda en abstraccións dogmáticas, relixiosas, raciais ou ideolóxicas. A catalanidade integradora e dinámica como eixo vertebrador do proceso de construción do estado propio ten moitas potencialidades se adopta o referente nacional alemán. Non é ningunha casualidade que o sionismo, o nacionalismo xudeu, teña elementos en común coa concepción nacional xermánica. En resumo, a potencia emerxente de Alemaña é a única garantía de viabilidade do proxecto de Unión Europea e todos os valores democráticos que en teoría tería que garantir.
Significativamente, os nosos antisionistas son tamén antialemáns posto que ven nela a personificación dos seus obxectivos a derrrubar: o capitalismo liberal e o sistema democrático occidental. A amálgama ideolóxica hexemónica en Catalunya desde hai corenta anos é o progresismo de raíces autoritarias diversas que teñen en común a actitude refractaria cara ao patriotismo catalán. Josep Fontana e Arcadi Oliveras, por exemplo, símbolos autóctonos do dogmatismo marxista e a entelequia católica respectivamente, acabaron achegándose á causa da liberdade catalá pero negándolle sempre valor en si mesma caso de non ir acompañada doutra preferente -o socialismo, o anticapitalismo- sen a cal a independencia non ten para eles interese. E precisamente poñen como exemplo que se a Catalunya libre ten que ser un land alemán non paga a pena moverse de como estamos (é dicir de España). Literalmente coinciden nos mesmos termos con David Fernández, o campión do anticapitalismo e do antisionismo local.

Os cataláns amigos de Israel compartimos a concepción da identidade nacional catalán como a acumulación histórica de lingua, cultura, tradición xurídica e política, ademais doutros elementos evolutivos con sentido da continuidade. Esa concepción integral da nación xustifica por si mesma o logro de institucións de estado para preservar a supervivencia do pobo catalán como suxeito colectivo. Quen non admite o independentismo se non vai asociada a outro obxectivo ou dogma preferente, acúsanos de ser uns reaccionarios, mesmo fascistas, simplemente por manter vivo o nacionalismo integral de Macià, o obxectivo do estado catalán.

O nacionalismo catalán desde os anos vinte até a década do sesenta do século pasado, cando o republicanismo era o eixo vertebrador, mantivo unha forte e clara simpatía cara ao sionismo: Rovira i Virgili, Pau Casals, Josep Pallach chegando até Jordi Pujol, son exemplos capitais. Á posguerra e o xa mencionado progresismo abstracto e refractario á catalanidade defende unha ideoloxía de substitución complementar coa que desde o poder segrega o españolismo. O pobo catalán ten vivido na desorientación até agora que empeza a acordar situando a súa propia liberdade como obxectivo prioritario por diante de quimeras alleas.

Anticatalanismo e antisionismo, antes e agora, irán sempre vencellados, só hai que ver como os neofranquistas afirman que o sionismo está a mover os fíos do independentismo catalán. Resulta contra-natura a obcecación do progresismo autóctono para incrustar o seu antisionisme radical, inxertado do vello antisemitismo rancio máis español, co seu independentismo abstracto e circunstancial. Defender a liberdade do pobo catalán e á vez a causa palestina é compatíbel, de feito Heribert Barrera, un patriota catalán exemplar sostiña decididamente o dereito dos palestinos a un estado de seu sen que isto implicase compartir as impostures argumentais de tantos pacifistas e solidarios internacionalistas que enchen a boca de odio antixudeu cando falan de Palestina.

Desgraciadamente, non hai diálogo nin comunicación entre amigos de Israel e partidarios da causa palestina, nada máis que culpabilización inquisitorial dos segundos contra os primeiros a trabas dos medios de comunicación que maioritariamente sonlle favorábeis a causa palestina (desde Tv3 a AVUI, pasando por Vilaweb). Esas posicións contrapostas proxectan aparentemente nun conflito alleo as contradicións ideóloxicas que subxacen no interior da soc

Jaume Renyer e Xoán Bernárdez nunha imaxe dun acto en Vigo

iedade e que afloran de xeito a miúdo distorsionado no debate político e estratéxico inmediato, focalizado no conflito entre o pobo catalán que aspira á liberdade e a orde española que afana en manterse.

De feito, insconscientemente, discútese sobre o modelo institucional e os valores da Catalunya de mañá e bríndase polo éxito desa aspiración que no proceso dialéctico se desenredar a maraña que arrastramos desde o trauma colectivo da posguerra española. Un primeiro punto de encontro podería ser o desexo mutuo que as negociacións que agora retómanse en Xerusalén entre Israel e a ANP prosperen, como así queremos os amigos de Israel e terían que compartir os verdadeiros amigos dos palestinos, non os que só procuran baixo ese disfrace a destrución de Israel.

miércoles, 7 de agosto de 2013

Agora, Croacia



Por Josep-Lluis Carod-Rovira

Hai só unas cantas horas que Croacia converteuse no estado número 28 da Unión Europea, 21 anos despois de declararse independente, de xeito unilateral, un 25 de xuño de 1991. A súa vontade de soberanía nacional topou de fronte co unionismo nacionalista da Serbia dentón, o país que, de feito, controlaba férreamente Iugoslavia, formalmente un estado común e compartido que comprendía varias nacións. Ao final, acabou estoupando e desintegrándose en varios estados nacionais independentes, despois dunha guerra durísima e cruenta, terrible, de forma que Iugoslavia transformouse en tan só o que, de feito, fora sempre: Serbia e só Serbia. Cun resultado final que fai pensar na defunta URSS, as vellas estruturas deixaron ás novas vontades. E estas remataron converténdose en estados hoxe incuestionables como suxeitos de dereito internacional: Croacia, Eslovenia, Serbia, Bosnia, Macedonia, Montenegro e Kósovo. Ben, a expresión “incuestionable” é unha licenza, unha forma de falar posto que, no caso de Kósovo, hai aínda algúns estados que hoxe non recoñecen a independencia, estados que non son, precisamente, un modelo para imitar en moitos aspectos: Rusia, España, Grecia... Non se trata, ben mirado, dunha actitude nova por parte de España, quizais porque alí case todo xa é vello, sobre todo en cuestión de actitudes cara ao recoñecemento da diferenza. Recordo, aínda, as palabras do presidente español Felipe González afirmando, cun aceno altivo, serio, ameazando, que o seu país nunca recoñecería Estonia, nin Letonia, nin Lituania, nin Eslovenia, nin Bosnia, nin Croacia, nin... Hoxe, dúas décadas despois, o Reino de España mantén unhas magníficas embaixadas en todos estes países e eu mesmo tiven a oportunidade de falar, sobre o terreo, cos seus embaixadores en Riga e en Saraievo, como a cousa máis normal do mundo. Felipe González, pois, perdeu e a posición oficial de España tivo que ser modificada, rectificando e adaptándose á nova realidade internacional. 

Desde a independencia de Croacia, até a nova condición de estado membro de pleno dereito da UE, pasaron moitos anos. Non é estraño, se temos en conta que o estado do cal formaba parte Croacia, é dicir, Iugoslavia, non era nin fora nunca integrante de ningún organismo europeo comunitario dos que precederon a UE actual. Croacia, pois, non era, no momento da independencia, nin territorio da UE, nin os croatas tiñan a condición de cidadáns europeos da UE, a diferenza de Catalunya que si que reúne os dous requisitos: é territorio da Unión Europea e os seus cidadáns teñen a cidadanía europea. Tamén había outra prevención negativa que é preciso non esquecer. Refírome ao pasado dun nacionalismo croata xenófobo e racista, aliado da Alemana nazi e da Italia fascista: os ustaxi. Algunhas manifestacións dese nacionalismo excluínte, de superioridade racial e nacionalcatolico producíronse tamén na guerra da independencia dos anos noventa contrta a poboación bosníaca, de maioría musulmá, ou serbia, de maioría ortodoxa, e algúns responsables daquela época tiveron que comparecer perante o Tribunal da Haia. 

Houbo croatas, pois, que tamén practicaron, hai catro días, a limpeza étnica, como fixeron algúns dirixentes serbios. Doutra banda, a tradición profundamente católica da sociedade croata explica a posición favorable do Vaticano á independencia de Croacia, xa desde o primeiro intre, actitude moi clara que influíu na celeridade dalgúns recoñecementos diplomáticos internacionais do novo estado. Despois ter o privilexio de seguir, alí mesmo, os procesos de independencia dos países bálticos, e de tratar coas persoas que dirixiron o movemento para converter o soño en realidade, tocoume ir logo aos Balcáns. Nunhas cantas ocasións estiven en Eslovenia, cuns obxectivos, unhas finalidades e uns contactos do todo imaxinables, acompañado de persoas adecuadas para cada unha das tarefas que tiñamos que facer, viaxes e contido dos cales sempre se produciron na máis grande das discrecións e así continuarán. 

Mais agora, vénme á memoria a viaxe que con Àngel Colom e Miquel Pueyo, o tres únicos deputados que daquela tiña ERC, fixemos a Croacia. Vexo os coches indo de Lubliana cara Zagreb, con armas longas automáticas que saían polas xanelas e a unha velocidade considerable. Zagreb aparecía medio ás escuras, había moreas de sacos terreros na entrada de edificios públicos ou outros de valor arquitectónico e cintas de esparadrapo que enchían os vidros dos escaparates e vitrinas, para preservalos dos ataques da aviación serbia. No palacio presidencial entrevisteime co presidente Franjo Tudjman, o militar que proclamara a independencia e que dirixía o país naqueles momentos de guerra. A garda presidencial levaba unhas capas longas vermellas e un tipo de cascos dourados, unha escea que me levou cara a Tintín e O cetro de Ottokar. A reunión durou un bo tempo e lembro que lle falamos dos Países Cataláns, cando nos preguntou cal era o territorio da nosa nación... E máis cousas que agora non son do caso. En fin, eles saíronse, porque decidiron saírse e gañar. Nós, aínda non. Pero conseguirémolo. Non teño ningunha dúbida. E, pola nosa banda, sen disparar nin un só disparo.

martes, 6 de agosto de 2013

¿Merecían morir las víctimas de Franco?


Por Roberto Blanco Valdés

Aunque no lo han hecho todavía, espero que los dirigentes gallegos del PP no tardarán en exigir la irrevocable dimisión del alcalde de Baralla y que, de negarse a aceptarla el regidor, lo expulsen sin contemplaciones del partido.

La razón es muy sencilla: la dimisión es la única salida digna para un responsable público que a la altura del año 2013 ha afirmado en un pleno de su corporación algo abiertamente incompatible con mantenerse en el ejercicio de su cargo: que «os que foron condenados a morte [en el franquismo] será porque o merecían».

Tan indecente afirmación, demostrativa de una ignorancia histórica supina, supone compartir la ideología de un salvaje y constituye una ofensa para la memoria de las decenas de miles de personas que, sin haber cometido más delito -¡terrible delito!- que tener una forma de pensar distinta a la de los sublevados contra la República en 1936, fueron, con o sin juicio previo, vilmente asesinados.

Le hablaré al alcalde, por ejemplo, de mi tío abuelo Roberto Blanco Torres, periodista, poeta y hombre bueno, quien, por la única falta de ser republicano, fue paseado en la madrugada del 2 de octubre de 1936 y arrojado como un perro, con dos tiros en la sien, en una cuneta del municipio ourensano de Entrimo.

Al igual que él fueron paseados, o fusilados tras consejos de guerra que no eran otra cosa que una farsa, decenas de miles de españoles, cuyo sacrificio ofende ahora con sus palabras el alcalde de Baralla, quien ofrece, como desagravio, retirarlas. Retírese usted en buena hora y lea algo, que le hará bien y le servirá para entender por qué quien ha dicho lo que usted no puede seguir ejerciendo un cargo público en esta España democrática.

Pues esta España se ha construido, precisamente, sobre la idea de la reconciliación y sobre la de que nadie, ni las víctimas del franquismo ni las de quienes apoyaron a la República, merecían las atrocidades que con ellos se cometieron en una guerra fratricida que significó la página más negra de toda la historia de España desde los momentos iniciales del siglo XIX.

La Guerra Civil, además del resultado de la rebelión contra un régimen legítimo, significó el inicio de un carrera de brutales violaciones de los derechos más elementales, empezando, claro está, por los derechos a la vida y a la libertad. Mucho nos ha costado asentar un relato colectivo y ampliamente compartido sobre la radical injusticia de esa guerra y sobre las tropelías de todo tipo que en ella realizaron ambos contendientes para que ahora venga un alcalde ignorante a pisotear la memoria de los muertos de uno de los bandos que, al igual que los del otro, son ya nuestros muertos, los de todos, los de un país que no quiere volver a oír jamás que los de uno de los lados merecían los crímenes que con ellos cometieron los del otro

.

sábado, 3 de agosto de 2013

Fatiga cívica


Por Carles Campuzano*

Unha enorme fatiga cívica atravesa a sociedade froito dunha persistente crise sen horizontes esperanzadores á vista e con consecuencias para a cohesión social que durarán moito tempo, da crecente sensación de corrupción xeneralizada do sistema político e do sentimento de impunidade respecto os poderosos. As condicións para a “antipolítica e o populismo” de calquera tipo pode aparecer con moita claridade Unha ollada cara a Europa dos anos 20 e 30 do século pasado deberíanos de inquietar. E algo máis, claro. Hai que saber reaccionar e pasar á acción.

Quen pense que o paso do tempo porá as cousas ao seu lugar e que agora só toca aguantar é non entende a forza da corrente de fondo e das transformacións e cambios sociais que se están a suceder nestes anos. As cousas non volverán ser nuncaa coma foron antes antes. Claro que tampouco sabemos como serán no futuro. Deixarse levar pola corrente nunca acostuma ser a mellor resposta. Toca recuperar con urxencia a iniciativa.

No ámbito da renovación democrática dos partidos centrais do país temos a responsabilidade de concretar unha resposta á fatiga cívica cunha axenda de reformas posibles e imprescindibles. Os temas son moi obvios e hai tempos que se traballan: a nova lei electoral que dea máis forza aos electores que non aos aparellos partidarios; unha nova lei de partidos que promova a apertura e a transparencia e garanta a democracia interna, cun sistema de financiamento claro e o compromiso de non facerse trampas, buscando acabar co cancro que liquida a vida democrática por todas partes; a regulación dos lobbys e un marco legal que garanta o dereito ao acceso á información pública, na liña das lexislacións do restro de Europa; trátase de tres das principais cuestións que fai demasiados anos que se arrastran e non se acaban nunca de resolver. E tamén temos pendentes algunhas cousas que non dependen tanto das leis como da cultura democrática do país como é a asunción das responsabilidades políticas perante determinados escándalos que provocan alarma social.

A axenda que o President Mas anunciou este pasado inverno, contiña 51 propostas para a rexeneración democrática, mais que precisan dun novo pulo e dun grande acordo de país para facerse realidade. A fatiga da sociedade esixe algo máis que boas intencións e palabras bonitas por parte de todos. E o movemento cívico e democrático en favor do irrenunciable dereito a decidir que esixe das institucións catalás un esforzo reformador e ético máis grande, se fai falta. E é que sen rexeneración non haberá emancipación nacional.

*Deputado de CiU no Parlamento español