"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 26 de mayo de 2013

Por unha Lei Electoral xusta



Compromiso por Galicia vén de presentar unha proposta alternativa de reforma do sistema electoral Por unha reforma electoral xusta. + Democracia, + Transparencia, + Participación, en resposta a proposta do PP de redución do número de deputados que CxG rexeita por entender atenta contra a pluralidade real existente na sociedade galega CxG ofrece alternativas para recortar en 16 millóns de euros o gasto do Parlamento, mantendo os 75 representantes e cun novo sistema electoral, que muda a Lei d'Hont por un método proporcional puro, con listas desbloqueadas e a eliminación do limite do 5%. CxG aposta en concreto polo método Sainte-Lagüe/Schepers corrixido.

O documento feito público por Compromiso aposta por reducir gastos en lugar de reducir deputados, pedindo a redución do salario (soldo+dietas) dos deputados do Parlamento de Galicia en 2.000 € mes e a redución dun 25% das subvencións aos distintos grupos parlamentares. De igual xeito, a proposta de Compromiso afecta tamén á regulación das campañas nos medios de comunicación, a duración das mesmas e insiste na necesidade da implantación das listas brancas, poñendo condicións máis duras e promovendo o endurecemento das causas de inexibilidade como cargo público.

CxG avoga tamén por eliminar o sistema de bloques informativos e establecer a igualdade de tempos e espazos electorais para todas as candidaturas que concorran ás eleccións, tanos nos medios de comunicación privados como nos públicos. De igual modo, propón que exista a obrigatoriedade de debates nas campañas electorais, requisito cuxo incumprimento por parte de calquera candidatura implicará a súa exclusión do proceso electoral. Tamén defende a limitación de gasto nas campañas electorais e propón a redución á metade das subvencións electorais por escano obtido e por votos, de igual modo que a eliminación da subvención do envío directo e persoal de papeletas aos electores e ás electoras (o chamado mailing). Defende un novo sistema electoral, que muda a Lei d'Hont por un método proporcional puro, con listas desbloqueadas e a eliminación do limite do 5%

Segundo Xoán Bascuas, o documento presentado non só se cinxe a aspectos da propia lei electoral, senón que vai máis alá, constituíndo un proposta “de máximos” con obxectivos máis ambiciosos, que tamén precisarían da reforma de Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral ou do Estatuto de Autonomía. Non obstante, o líder de CxG insiste en que “o eixo vertebral, o do aforro, o do mantemento da pluralidade política e as listas brancas bastaría con acordos da Mesa do Parlamento e coa reforma de media ducia de artigos da lei electoral vixente”.

sábado, 18 de mayo de 2013

Épica no deporte...

Eliminatoria de semifinais do playoff de ascenso á Premier League. No partido de ida Leicester gañou 1-0 e neste ía gañando o Watford 2-1. Alí non hai valor duplo dos goles en campo contrario, polo cal a eliminatoria ficaba empatada 2-2. E chega o intre épico, penalti no tempo de desconto a favor do Leicester. O porteiro (español por certo) Almunia detén o penalti e na contragolpe marca o seu equipo. No video de máis abaixo podemos ver desde as bancadas ese contrataque. Impresionante!

miércoles, 1 de mayo de 2013

Todos temos un nome

Na dura imaxe de máis abaixo podemos ver a dous sobreviventes do campo de concentración de Dachau amosando o funcionamento do crematorio arrastrando un cadáver ate un dos fornos. Dachau, Alemaña, 29 de abril de 1945. Horas antes, na medianoite do mesmo día, Adolf Hitler, casaba con Eva Braun nunha pequena cerimonia civil no interior do seu bunker en Berlín. 68 anos despois, na fisterra de Europa, un Parlamento nega o homenaxe e recordo ás vítimas da barbarie nazi. O ser humano da foto, o cadaver arrastrado tiña un nome que descoñezo. Os autores do veto tamén teñen para a súa vergoña un nome, mais neste caso si é coñecido: Xosé Manuel Beiras, Yolanda Díaz, Francisco Jorquera e os seus grupos parlamentares de BNG e AGE.


“Allí, y en las cenizas de las parrillas de los hornos crematorios, pervive una sombra de encanto seductor: la de la plenitud máxima alcanzable por el hombre. No el escalofrío febril del asesinato alevoso sino el asesinato legitimo, un deber sagrado, un esfuerzo abnegado y un pasaje a la gloria. Por eso era necesario omitir todas las variantes no sanguinarias de der Endlösung der Judenfrage (La solución final de la cuestión judía). Por eso el nazismo no pudo entrar en ningún tipo de acuerdos o compromisos, ni firmar treguas con los pueblos conquistados. No se podía permitir una delicadeza o una medida tácticamente conveniente. Así que no se trataba «sólo» del Lebensraum (el espacio vital), no «sólo» de que los eslavos sirvieran a los vencedores, de que los judíos desaparecieran, muriendo sin descendencia, condenados al exilio. El asesinato iba a convertirse en la razón del estado, en una herramienta de la política del país, no intercambiable por ninguna otra, y así fue, así llegó a serlo”.

Extracto de Muerte del cuerpo extraño, de Horst Aspernicus.